Conforme o previsto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE número 236, do 2 de outubro), notifícanselles ás persoas que se relacionan no anexo os acordos de inicio ditados pola persoa titular do Servizo de Mobilidade da Coruña nos expedientes sancionadores número XC-00215-O-2025 e sete máis, por infracción da normativa sobre transporte terrestre, ao resultar infrutuosa a súa notificación postal. A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.
O texto íntegro do acordo que se notifica, xunto co resto da documentación do expediente, encóntrase á disposición das persoas interesadas no Servizo de Mobilidade da Coruña.
Outorgáselles un prazo de quince (15) días hábiles, contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, para alegar o que consideren conveniente, e presentarán ou proporán as probas que consideren oportunas.
No suposto de que decida voluntariamente pagar a sanción antes de que transcorran trinta (30) días, contados desde o seguinte ao da publicación do presente anuncio no BOE, a súa contía reducirase nun 30 % na forma prevista no artigo 146.3 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres. A realización do dito pagamento implica a conformidade cos feitos denunciados, a renuncia a formular alegacións por parte da persoa interesada e a terminación do procedemento sancionador.
A Coruña, 28 de febreiro de 2025
César Concheiro Ceide
Xefe do Servizo de Mobilidade da Coruña
ANEXO
|
Expediente Matrícula |
DNI/CIF do/da denunciado/a |
Infracción denunciada Data-hora-estrada-p.q. |
Precepto cualificador |
Precepto sancionador |
Sanción proposta |
|
XC-00215-O-2025 1970-LKK |
X9376973B |
Atenuante-Realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro carecendo de título habilitante. 11.6.2024; 16.21.00; N-651; 24,401 |
Artigo 141.25 en relación co artigo 140.1 da LOTT |
Artigo 143.1.k) en relación coa letra f) da LOTT |
801 euros |
|
XC-00222-O-2025 5759-DYS |
54390731D |
A carencia, falta de datos esenciais, ocultación ou falta de conservación da documentación de control. 24.7.2024; 10.48.00; AP9M; 1,167 |
Artigo 141.17 da LOTT Artigo 198. 21 do ROTT |
Artigo 143.1.d) da LOTT Artigo 201.d) do ROTT |
401 euros |
|
XC-00224-O-2025 5759-DYS |
54390731D |
Atenuante-Realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro carecendo de título habilitante. 24.7.2024; 10.38.00; AP9M; 1,167 |
Artigo 141.25 en relación co artigo 140.1 da LOTT |
Artigo 143.1.k) en relación coa letra f) da LOTT |
801 euros |
|
XC-00226-O-2025 5759-DYS |
54390731D |
A realización de transportes de produtos alimenticios ou mercadorías perecedoiras utilizando un vehículo que careza do certificado de conformidade para o transporte de mercadorías perecedoiras ou telo caducado ou falseado. 24.7.2024; 10.45.00; AP9M; 1,167 |
Artigo 141.21 da LOTT Artigo 198.25 do ROTT |
Artigo 201.d) do ROTT Artigo 143.1 da LOTT |
401 euros |
|
XC-00229-O-2025 5759-DYS |
54390731D |
A realización de transportes públicos utilizando para a condución do vehículo os servizos dunha persoa que requira o certificado de condutor de terceiro país (non da UE), e carecer deste. 24.7.2024; 10.42.00; AP9M; 1,167 |
Artigo 197.45 do ROTT |
Artigo 143.1 da LOTT Artigo 201.h) do ROTT |
2.001 euros |
|
XC-00390-O-2025 5036-LLC |
32949490N |
Atenuante-Realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro carecendo de título habilitante. 31.7.2024; 17.37.00; AC-550; 45,295 |
Artigo 141.25 en relación co artigo 140.1 da LOTT |
Artigo 143.1.k) en relación coa letra f) da LOTT |
801 euros |
|
XC-00398-O-2025 0050-KLT |
Y8050082G |
Atenuante-Realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro carecendo de título habilitante. 3.7.2024; 12.59.00; N-550; 14,313 |
Artigo 141.25 en relación co artigo 140.1 da LOTT |
Artigo 143.1.k) en relación coa letra f) da LOTT |
801 euros |
|
XC-03554-O-2024 0296-MMN |
00408841Q |
Atenuante-Realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro carecendo de título habilitante. 3.6.2024; 9.24.00; AG-11; 0,0 |
Artigo 141.25 en relación co artigo 140.1 da LOTT |
Artigo 143.1.k) en relación coa letra f) da LOTT |
801 euros |
