De conformidade co disposto nos artigos 42.2 e 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, emprázanse por medio do presente anuncio, publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), propietarios da zona de concentración parcelaria de Cures-Boiro (Boiro-A Coruña) que figuran no anexo, para seren notificados dun trámite de audiencia que modifica o acordo da zona.
Este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia (DOG), ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.
O expediente poderase consultar nas dependencias do Servizo de Infraestructuras Agrarias, Departamento Territorial da Coruña, chamando aos teléfonos 981 18 46 35 e 981 18 59 25, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.
Transcorrido o devandito prazo sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.
A Coruña, 7 de marzo de 2025
María Nieves Mancebo Santamaría
Directora territorial da Coruña
ANEXO
Cures-Boiro (Boiro-A Coruña).
|
DNI/nome |
Nº de propietario |
Acto notificado |
|
33141093W |
147 |
Trámite de audiencia |
|
33196475T |
862 |
Trámite de audiencia |
