DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Martes, 18 de marzo de 2025 Páx. 17811

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 21 de febreiro de 2025, do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Sur, polo que se somete a información pública unha solicitude de novación da concesión de augas con clave DH.A36.05270, outorgada o 9 de decembro de 2003, no concello de Ponte Caldelas (expediente DH.A36.97594).

En cumprimento do previsto no artigo 142 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de concesión de augas:

Solicitante: Comunidade de Usuarios de Pazos.

Expediente: DH.A36.97594.

Volume total anual: 12.680,10 m3/ano.

Caudal máximo instantáneo: 0,36 l/s.

Destino: abastecemento.

Orixe: catro (4) mananciais: M1 a M4.

M1 e M2 na parcela 401, polígono 28.

M3 e M4 na parcela 1399, polígono 28.

Lugar: Pazos.

Parroquia: Ponte Caldelas.

Concello: Ponte Caldelas.

Descrición:

A auga das captacións condúcese a depósito na parcela 6003, polígono 28, desde o que se distribúe ás vivendas que abastece a Comunidade no lugar de Pazos.

O proxecto pode consultarse na sección de participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal), e nas oficinas deste servizo territorial, situadas na rúa San Salvador, 2-4º, 36240 Vigo (Pontevedra).

Os interesados poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Vigo, 21 de febreiro de 2025

Susana Pérez González
Xefa do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Sur