O nomeamento de rexistradores e rexistradoras da propiedade, mercantís e de bens mobles que desempeñen funcións en Galicia é competencia desta comunidade autónoma, segundo o disposto no artigo 26.1 do Estatuto de autonomía de Galicia, aprobado pola Lei orgánica 1/1981.
Visto o expediente instruído para a provisión de rexistros da propiedade, mercantís e de bens mobles vacantes en virtude de concurso ordinario número 320, convocado pola Resolución da Dirección Xeral de Seguridade Xurídica e Fe Pública do 27 de xaneiro de 2025 (BOE do 10 de febreiro) e resolto pola Resolución do 6 de marzo de 2025, e de conformidade cos artigos 284 da Lei hipotecaria, 496 e demais concordantes do regulamento para a súa execución; co Decreto da Xunta de Galicia 136/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, e coas demais disposicións legais autonómicas pertinentes,
DISPOÑO:
Nomear a rexistradora comprendida na citada resolución e que se relaciona no anexo para prover o rexistro vacante radicado no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.
Santiago de Compostela, 17 de marzo de 2025
Diego Calvo Pouso
Conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes
ANEXO
• María del Pilar Rodríguez Bugallo, rexistradora do Mercantil e de Bens Mobles de Pontevedra III para o Rexistro Mercantil de Santiago de Compostela.
