DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Martes, 18 de marzo de 2025 Páx. 17786

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 25 de febreiro de 2025, do Departamento Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Ordes (expediente IN407A 2024/319-1).

Expediente: IN407A 2024/319-1.

Promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: recuamento MT lugar de Merelle.

Concello: Ordes.

Feitos:

1. O día 18 de outubro do 2024, a empresa promotora solicitou a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción do proxecto de execución da dita instalación de distribución eléctrica. Co fin de atender unha petición de recuamento dun tramo aéreo da liña de distribución de media tensión LMT MEI809 (Ordes 9), procedente da subestación Meirama, que sobrevoa un predio no lugar de Merelle, concello de Ordes, proxéctase o desmantelamento do dito tramo e a súa substitución por un de tipo soterrado, para o cal tamén se terá que instalar unha nova cela de media tensión no centro de transformación denominado CT P/Empresarial-4 (15CDCG, expediente IN407A 04/457) existente.

Achegan o proxecto, que inclúe memoria, planos e orzamento, xunto coa relación de bens e dereitos afectados de necesaria ocupación para a construción da liña, ao abeiro dos artigos 123 e 143 do Real decreto 1955/2000, e que abrangue os seguintes documentos:

• Proxecto de execución denominado Recuamento MT lugar de Merelle, asinado con data do 29 de agosto de 2024 por Raúl Guillermo Naveira Dueñas, enxeñeiro técnico industrial, especialidade Eléctrica, con número de colexiado 1.905 da Coruña.

2. O proxecto non se someteu ao trámite de información pública, segundo o artigo 50 da Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG número 39, do 26 de febreiro).

3. Consonte o artigo 127 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, déuselles traslado ás distintas administracións, organismos ou, de ser o caso, empresas de servizo público ou de servizos de interese xeral afectadas dunha separata do proxecto, na parte en que a instalación puider prexudicar bens e dereitos ao seu cargo, que contén as características da instalación e a documentación cartográfica corrrespondente. Solicitóuselles o preceptivo informe á Axencia Estatal de Seguridade Aérea (AESA)-Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible e ao Concello de Ordes. A empresa promotora manifestou a súa conformidade cos condicionados establecidos polos organismos afectados, isto é, AESA e o concello.

4. Con data do 19.2.2025 emitiuse un informe técnico.

Consideracións legais e técnicas:

Primeira. O director territorial é competente para resolver este expediente segundo o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para resolver os procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG número 22, do 1 de febreiro), e no Decreto 140/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria (DOG número 101, do 27 de maio).

Segunda. Lexislación de aplicación:

– A Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

– O Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

– O Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.

– O Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

– O Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión.

– Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG número 39, do 26 de febreiro).

Terceira. Características técnicas:

– As instalacións de alta tensión obxecto deste expediente encóntranse no lugar de Merelle, concello de Ordes.

– Desmantelamento do tramo LMTA a 20 kV, de 605 metros e condutor tipo LA-30 Al, con orixe no apoio número AF5GGEMD//66 existente da LMT MEI809 (Ordes 9) derivada ao CT Esmorís (15A309, expediente IN407A 2016/602-1), e ao CT Buscás (15CCLX, expediente IN407A 06/499), e remate no apoio núnero AFHCJGHD//66-B7 existente.

– LMTS a 20 kV, de 614 m e condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 1×240 mm2 Al, con orixe no PA/S proxectado no apoio número Pr.B7 proxectado de tipo C-2000/16, no cal se instalará un pararraios autoválvulas para intercalar na liña LMT MEI809 e remate na nova cela de liña proxectada no CTC P/Empresarial-4 existente.

– Nova cela de liña en CT P/Empresarial-4 (15CDCG, expediente IN407A 04/457) existente de 400 kVA en envolvente de formigón prefabricado telecontrolado, que queda coa configuración 4L+1P (1TM-3TC-1TG).

Cuarta. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos deste departamento territorial.

De acordo con todo o exposto,

RESOLVO:

1. Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción para a dita instalación de distribución eléctrica.

2. A instalación executarase no prazo de dous anos, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. En todo caso, deberán respectarse os prazos establecidos no artigo 13.9 do Regulamento (UE) 2024/573 do Parlamento Europeo e do Consello do 7 de febreiro, sobre os gases fluorados de efecto invernadoiro, polo que se modifica a Directiva (UE) 2019/1937 e se derroga o Regulamento (UE) 517/2014 (DOUE número 573, do 20 de febreiro de 2024), sobre prohibicións para a posta en funcionamento de aparellaxe eléctrica que empregue gases fluorados de efecto invernadoiro, ou cuxo funcionamento dependa deles, nun medio illante ou de rotura.

3. Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá achegar ante este departamento territorial unha solicitude coa cal xuntará a seguinte documentación:

• As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento e as certificacións ou homologacións, se procede.

• Un certificado do/da director/a da montaxe en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e das prescricións complementarias, se as houbese, así como das regulamentacións e normas oportunas na montaxe da instalación e posta a punto.

• Planimetría as built da instalación eléctrica en formato shape.

4. Esta aprobación outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial no relativo á ordenación do territorio e ao ambiente.

O incumprimento das condicións e requisitos establecidos nesta resolución ou a variación substancial dos presupostos que determinaron o seu outorgamento poderán dar lugar á súa revogación, logo da audiencia ao interesado, segundo o establecido no artigo 53.10 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

Contra esta resolución, que non é definitiva na vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada ante a conselleira de Economía e Industria no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE número 236, do 2 de outubro), sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren axeitado.

Mediante este documento notifícaselles ás persoas interesadas esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da dita Lei 39/2015.

A Coruña, 25 de febreiro de 2025

Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña