DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Mércores, 19 de marzo de 2025 Páx. 18186

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 7 de marzo de 2025, do Departamento Territorial da Coruña, polo que se notifica o inicio do expediente PSC-CO-0836/2024-PPM e tres máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselles ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio o inicio do expediente PSC-CO-0836/2024-PPM e tres máis.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado, polo que o prazo para presentar alegacións computarase desde esa publicación.

As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas da sede do Departamento Territorial da Consellería do Mar, sitas na rúa Ramón y Cajal, 2, 5º, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do acordo de inicio e constancia de tal coñecemento.

As persoas interesadas dispoñen dun prazo de quince (15) días para achegar cantas alegacións, documentos ou informacións xulguen pertinentes e, de ser o caso, propoñer proba concretando os medios de que pretendan valerse, segundo o disposto no artigo 64.2.f) da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

De non efectuar alegacións sobre o contido do acordo de inicio no prazo previsto no artigo citado, este poderá ser considerado proposta de resolución, cos efectos previstos para esta no artigo 89.2 da Lei 39/2015, do 1 do outubro, de conformidade co establecido no artigo 64.2.f) citado.

A Coruña, 7 de marzo de 2025

María José Cancelo Baquero
Directora territorial da Coruña

ANEXO

Número de expediente

DNI/NIF/NIE

Acto que se notifica

Enderezo

PSC-CO-0836/2024-PPM

54705863H

Inicio

Praza Alcaldesa Berta Tapia, 6, 6º esqda., 15011 A Coruña

PSC-CO-0898/2024-V

47436742R

Inicio

Rúa Corcubión, 9, 5º B, 15010 A Coruña

PSC-CO-0899/2024-TRA

47436742R

Inicio

Rúa Corcubión, 9, 5º B, 15010 A Coruña

PSC-CO-0985/2024-PRE

32762544X

Inicio

Rúa Muíño do Vento, 30, 2º I, 15123 Camariñas (A Coruña)