Clave e denominación do aproveitamento: 12/111/18, Central de Porto Cheda.
Titular do aproveitamento: Electra Porto Cheda, S.L.
Enderezo: rúa Pérez Salas, nº 5-3 D, 15300 Betanzos (A Coruña).
Caudal máximo de auga concedido: 500 l/s.
Corrente de onde se derivan as augas: río Mendo.
Termo municipal onde radican as obras: concello de Oza-Cesuras (A Coruña).
Causa de extinción: interrupción permanente da explotación durante máis de tres anos consecutivos por causas imputables ao titular.
Servidumes: descoñecidas.
Iniciación: de oficio.
De acordo co disposto no artigo 165.1 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, en relación co 163.3 do mesmo corpo normativo, ábrese un prazo de vinte (20) días contados desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia, co fin de que calquera persoa que poida resultar afectada pola extinción do dereito, incluído o titular deste, poida presentar as alegacións que xulgue pertinentes, perante este organismo de conca Augas de Galicia ou ante o rexistro de calquera órgano administrativo e demais lugares previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Este anuncio, ademais da súa inserción no mencionado diario oficial, será obxecto de exposición na páxina web deste organismo de conca http://augasdegalicia.xunta.gal (na sección denominada Participación pública).
O expediente administrativo, para os efectos da súa consulta, estará dispoñible nas dependencias administrativas de Augas de Galicia, sitas na rúa Tomiño, nº 16, baixo, 15703 Santiago de Compostela, ou ben por medios electrónicos, e deberá solicitar a ligazón de descarga mediante o correspondente escrito dirixido a Augas de Galicia.
Santiago de Compostela, 6 de marzo de 2025
Roberto Arias Sánchez
Comisario de Augas
