DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Mércores, 19 de marzo de 2025 Páx. 18040

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 18 de marzo de 2025 pola que se modifica a Resolución do 13 de maio de 2024 pola que se convoca concurso para a provisión de postos de traballo vacantes na Administración xeral da Xunta de Galicia.

Mediante a Resolución do 13 de maio de 2024, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal (DOG núm. 94, do 15 de maio), convocouse concurso para a provisión de postos de traballo vacantes na Administración xeral da Xunta de Galicia.

Posteriormente, con motivo do Decreto 49/2024, do 22 de abril, polo que se fixa a estrutura orgánica das consellerías da Xunta de Galicia (DOG núm. 81, do 24 de abril) foi necesario introducir modificacións substanciais nas relacións de postos de traballo para axustalas á nova estrutura orgánica.

Por outra parte, no anexo I da resolución de convocatoria figura, co número 1586, o posto co código EI.C99.10.000.15001.150, que foi modificado segundo a Resolución do 11 de marzo de 2025 pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 10 de marzo de 2025, polo que se aproba a modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Economía e Industria (DOG núm. 53, do 18 de marzo).

Polo exposto, logo de negociación na Mesa Sectorial de Funcionarios Públicos e na Comisión de Persoal, en uso da competencia delegada pola Consellería de Facenda e Administración Pública en virtude do disposto no artigo 1 da Orde do 8 de xaneiro de 2020 (DOG núm. 16, do 24 de xaneiro), esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro. Excluír da relación de postos ofertados na Resolución do 13 de maio de 2024 os postos que se recollen no anexo I desta resolución.

Segundo. Modificar o posto número 1586, que queda como segue:

missing image file

Terceiro. Recursos

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública no prazo dun mes, que se contará desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo correspondente no prazo de dous meses, contados dende a mesma data, de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 18 de marzo do 2025

Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file