Unha vez convocado o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e de promoción interna, no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, escala de xerocultor/a, pola Resolución da Consellería de Facenda e Administración Pública do 22 de xaneiro de 2024 (DOG núm. 20, do 29 de xaneiro), e de conformidade co establecido nas bases de dita convocatoria, esta consellería
DISPÓN:
Nomear o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e de promoción interna, no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, escala de xerocultor/a, coa composición que se relaciona no anexo.
Santiago de Compostela, 14 de marzo de 2025
O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal
ANEXO
Escala de xerocultor, subgrupo C2, do corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia
Tribunal titular
Presidencia:
– María del Carmen Recarey Rey, persoal funcionario do corpo auxiliar de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, escala de auxiliar de clínica.
Secretaría:
– Mónica Blas Freire, persoal funcionario do corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2.
Vogais:
– Marta Lorenzo Carpente, persoal funcionario do corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de técnicos facultativos, especialidade de enfermaría.
– José Arturo Romero Agrelo, persoal funcionario do corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1.
– Óscar Navas Aranda, persoal funcionario do corpo de profesores de ensino secundario.
Tribunal suplente
Presidencia:
– Víctor Manuel Patiño Grela, persoal funcionario do corpo de profesores de ensino secundario.
Secretaría:
– Marcos Castro Pérez, persoal funcionario do corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2.
Vogais:
– Jéssica García Méndez, persoal funcionario do corpo auxiliar de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, escala de auxiliar de clínica.
– María Concepción López Carreira, persoal funcionario do corpo auxiliar de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, escala de auxiliar de clínica.
– María Pilar Ageitos Olveira, persoal funcionario do corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2.
