Unha vez convocado o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e de promoción interna, no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, escala auxiliar de laboratorio, pola Resolución do 22 de xaneiro de 2024 (DOG núm. 20, do 29 de xaneiro), e de conformidade co establecido nas bases da dita convocatoria, esta consellería
DISPÓN:
Nomear o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e de promoción interna, no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, escala auxiliar de laboratorio, coa composición que se relaciona no anexo.
Santiago de Compostela, 14 de marzo de 2025
O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal
ANEXO
Corpo de axudantes de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2,
escala auxiliar de laboratorio
Tribunal titular
Presidencia:
– María Polo Piñeiro, persoal funcionario do corpo de profesores de ensino secundario, especialidade de procesos na industria alimentaria.
Secretaría:
– Marcos Castro Pérez, persoal funcionario do corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2.
Vogais:
– Isabel Costoya Vázquez, persoal funcionario do corpo de profesores de ensino secundario, especialidade de análise e química industrial.
– Ivana María Rivas Pérez, persoal funcionario do corpo de profesores de ensino secundario, especialidade de laboratorio.
– José Crecente Campo, persoal funcionario do corpo de profesores de ensino secundario, especialidade de procesos na industria alimentaria.
Tribunal suplente
Presidencia:
– Marina Gabriela Cousillas Anido, persoal funcionario do corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2.
Secretaría:
– Eva Veiga Aira, persoal funcionario do corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2.
Vogais:
– Isabel Valcárcel Toscano, persoal funcionario do corpo de profesores de ensino secundario, especialidade de laboratorio.
– Antonio Manuel Rodríguez Castro, persoal funcionario do corpo de profesores de ensino secundario, especialidade de física e química.
– José Antonio Fernández Bouzas, persoal funcionario do corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala de ciencias, especialidade de bioloxía.
