Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante o presente anuncio notifícaselle á persoa sinalada no cadro anexo a resolución desta dirección territorial, do 20 de xaneiro de 2025, pola que se concede a autorización administrativa previa, de construción e declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución eléctrica a prol da entidade UFD Distribución Electricidad, S.A., e que corresponde ao proxecto de instalación eléctrica denominada Substitución do apoio AEFOAVJP//19-1 da LAMT 15 kV SBN717B Zapateira provisional, 17, pola fin da súa vida útil, no concello de Culleredo (expediente IN407A 2023/417-1).
O texto íntegro da resolución que agora se anuncia está á disposición das persoas interesadas na sede do Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña, situada no Edificio Administrativo de Monelos, na rúa Vicente Ferrer, 2-2º, 15008 A Coruña, na Sección de Enerxía (teléfono de contacto 981 18 49 02), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. As persoas interesadas disporán dun prazo de dez (10) días, a partir da publicación deste anuncio, para solicitaren a remisión da resolución ao enderezo que sinalen.
Contra a resolución, que non pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso de alzada perante a conselleira de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir da notificación da resolución, ou interpoñer calquera outro recurso que proceda.
A Coruña, 7 de marzo de 2025
Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña
ANEXO
Substitución do apoio AEFOAVJP//19-1 da LAMT 15 kV SBN-717B Zapateira provisional, 17, pola fin da súa vida útil
Relación de bens e dereitos afectados-concello de Culleredo
|
Parcela proxecto |
Propietario/titular |
Referencia catastral |
Lugar |
Afección pleno dominio |
LMT aérea - voo (servidume de paso de enerxía eléctrica) |
Natureza do terreo |
||
|
CT/nº do apoio |
Superficie (m2) |
Lonxitude (m) |
Superficie (m2) |
|||||
|
1 |
Descoñecido |
15031A01700023 |
Penas Quedas |
Novo apoio nº 19-1 |
2 |
Matogueira |
||
