Asunto: Plan estruturante de ordenación do solo empresarial do parque empresarial do Pereiro de Aguiar-fase III.
Concello: O Pereiro de Aguiar (Ourense).
Promotora: Xestión do Solo de Galicia, S.A.
En cumprimento do establecido no artigo 38 da Lei 3/2022, do 18 de outubro, de áreas empresariais de Galicia, sométese o Plan estruturante de ordenación do solo empresarial a información pública durante o prazo de vinte días hábiles.
Antecedentes:
Primeiro. O ámbito da fase III do parque empresarial do Pereiro de Aguiar (código de área 32058014) inclúese na modificación segunda do Plan sectorial de ordenación de áreas empresariais de Galicia (en diante, PSOAEG), que foi aprobada definitivamente polo Acordo do Consello da Xunta do 21 de decembro de 2023 (DOG núm. 18, do 25 de xaneiro de 2024).
Segundo. En desenvolvemento das previsións da modificación segunda do PSOAEG, Xestión do solo de Galicia, S.A. (en diante, Xestur) promove a elaboración dun plan estruturante de ordenación do solo empresarial (en diante, PEOSE) para o desenvolvemento do ámbito previsto na modificación segunda do PSOAEG.
Terceiro. Con data 3 de xullo de 2024, Xestur presenta no Rexistro electrónico da Xunta de Galicia o borrador do PEOSE xunto co documento ambiental estratéxico para comezar a tramitación. Con data do 23 de outubro de 2024, a Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade emitiu o informe ambiental estratéxico do PEOSE da fase III do parque empresarial do Pereiro de Aguiar.
Cuarto. Mediante a Resolución do 28 de febreiro de 2025, da Dirección Xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial, acórdase aprobar inicialmente o Plan estruturante de ordenación do solo empresarial do parque empresarial do Pereiro de Aguiar-fase III, para os efectos establecidos na Lei 3/2022, do 18 de outubro, de áreas empresariais de Galicia.
O que se fai público, de conformidade co artigo 38 da Lei 3/2022, do 18 de outubro, de áreas empresariais de Galicia.
A documentación pode consultarse na páxina web da Consellería de Economía e Industria https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/solo-empresarial
Durante o prazo de información pública, as distintas administracións e entidades públicas e privadas, e calquera persoa interesada, poderán achegar cantas observacións e suxestións consideren convenientes, ante a Dirección Xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial, por calquera dos medios que recolle o artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 3 de marzo de 2025
Margarita Ardao Rodríguez
Directora xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial
