DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Mércores, 19 de marzo de 2025 Páx. 18202

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Centro Tecnológico del Mar - Fundación Cetmar

ANUNCIO polo que se fan públicas a convocatoria e as bases específicas para a selección de persoal para cubrir unha praza.

A directora xerente do Cetmar, en virtude das competencias atribuídas polo padroado da Fundación, anuncia a aprobación da convocatoria e das bases específicas para a selección dunha (1) praza de persoal para o proxecto POEM.

As bases estarán expostas na sede do Cetmar, situada na rúa Eduardo Cabello, s/n, 36208 Vigo, e na súa páxina web (https://cetmar.org/trabajo/). A data tope de entrega de solicitudes será de quince (15) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio.

Vigo, 12 de marzo de 2025

Rosa Chapela Pérez
Directora xerente do Centro Tecnológico del Mar-Fundación Cetmar