Realízase anuncio para a concorrencia no procedemento de concesión dos servizos de tempada nas praias do concello de Porto do Son para as tempadas de 2025 a 2028.
Mediante decreto da Alcaldía de avocación de competencias do 10 de marzo de 2025 apróbanse os pregos para a adxudicación dos servizos de tempada nas praias do concello de Porto do Son para as tempadas de 2025 a 2028.
Os pregos publicaranse integramente no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello de Porto do Son (https://portodoson.sedelectronica.gal/info), así como na plataforma de contratación do sector público (https://contrataciondelestado.es/wps/portal/plataforma), onde se aloxa o perfil do contratante do Concello de Porto do Son.
As solicitudes poderán presentarse no prazo de quince (15) días naturais contados desde o día seguinte á data deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.
Porto do Son, 13 de marzo de 2025
José Luis Oujo Pouso
Alcalde
