De conformidade coa proposta elevada pola comisión nomeada para xulgar o concurso para a provisión de prazas dos corpos docentes universitarios, convocados mediante a Resolución desta universidade con data do 25 de xuño de 2024 (BOE do 2 de xullo de 2024), e presentada pola persoa interesada a documentación a que fai referencia a base novena da convocatoria,
Este reitorado, en uso das atribucións conferidas polo artigo 50 da Lei orgánica 2/2023, do 22 de marzo, do sistema universitario (BOE do 23 de marzo), e o artigo 85 dos estatutos da Universidade de Santiago de Compostela, aprobados polo Decreto 14/2014, do 30 de xaneiro (DOG do 12 de febreiro) e demais disposicións concordantes, resolve efectuar o nomeamento da persoa que se relaciona no anexo.
O citado nomeamento producirá efectos a partir da correspondente toma de posesión pola persoa interesada, que deberá efectuarse no prazo máximo de 20 días, contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado.
No caso de que a persoa aspirante se atope en situación de incapacidade temporal, o prazo para a toma de posesión comezará a partir do día seguinte hábil á data de finalización da alta médica, que deberá acreditar. Quedan exceptuadas do disposto neste parágrafo as situacións derivadas da maternidade ou paternidade, que poderán tomar posesión durante esta situación.
Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela no prazo de dous meses, a contar desde o seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Non obstante, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo de un mes ante o órgano que ditou o acto, sen que neste caso se poida interpoñer o recurso contencioso-administrativo ata que non recaia resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, conforme o previsto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 10 de marzo de 2025
Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela
ANEXO
|
Número concurso |
Nome |
Apelidos |
DNI |
Corpo docente |
Área de coñecemento |
Departamento |
Localidade |
Código |
|
22C/24 |
Justo |
Arines Piferrer |
***0628** |
Catedráticas e catedráticos de universidade |
Óptica |
Física Aplicada |
Santiago de Compostela |
A00799 |
