DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Xoves, 20 de marzo de 2025 Páx. 18447

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

ANUNCIO do 5 de marzo de 2025, do Servizo Provincial da Coruña, polo que se notifica o intento de mutuo acordo ao non se poderen efectuar as correspondentes notificacións no expediente de expropiación forzosa para a execución da obra de sendas peonís na AC-542, no concello de Abegondo (clave AC/21/071.06).

De conformidade co disposto nos artigos 42.2 e 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ao resultaren infrutuosos os intentos de notificación e/ou descoñecido o domicilio dos titulares, notifícaselle á persoa interesada que se sinala no anexo deste anuncio o intento de mutuo acordo efectuado no expediente de expropiación forzosa para a execución da obra de sendas peonís na AC-542, clave AC/21/071.06, no concello de Abegondo.

As persoas interesadas dispoñen dun prazo de dez (10) días, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, para comparecer nas oficinas da sede do Servizo Provincial da Coruña da AXI, sita na rúa Vicente Ferrer, 2, da Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do intento de mutuo acordo e constancia de tal coñecemento. Transcorrido o dito prazo de dez días sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

A Coruña, 5 de marzo de 2025

Felipe de la Vega Gándaras
Xefe do Servizo Provincial da Coruña

ANEXO

Clave da obra

Predio

Referencia catastral

Persoa interesada

AC/21/071.06

4

15001B506003360000PM

Manuela Ángela Rico Beade

AC/22/071.06

5

15001B506003350000PF

Félix Rico Beade

María Manuela Fachal Taboada

AC/21/071.06

6

000101600NH58D0001IP

Félix Rico Beade

María Manuela Fachal Taboada

AC/21/071.06

10

15001B506003310000PQ

Hrdos. José Antonio Rodríguez Lesta

AC/21/071.06

11

15001B506010240000PR

Hrdos. José Antonio Rodríguez Lesta

AC/21/071.06

12

15001B506003290000PP

María Remedios Núñez Bermúdez

AC/21/071.06

13

15001B506003300000PG

Hrdos. Avelino Vaamonde Martínez

AC/21/071.06

16

15001A013007820000JP

Victoria Seoane Barreiro