DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Xoves, 20 de marzo de 2025 Páx. 18445

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 26 de febreiro de 2025, do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica da Mariña, polo que se somete a información pública unha solicitude de autorización de obras no concello de Barreiros (expediente DH.W27.97710).

En cumprimento do previsto no artigo 78.ter.2.a) do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de autorización de obras:

Solicitante: María de los Ángeles Río Rego.

DNI: ***6554**.

Expediente: DH.W27.97710.

Lugar: Os Pedregás.

Parroquia: San Pedro de Benquerencia.

Concello: Barreiros.

Descrición das actuacións:

As obras solicitadas consisten na construción dunha vivenda, dun garaxe e do muro de peche da parcela no lindeiro leste, e na modificación do muro de peche existente no fronte da parcela, na parcela con referencia catastral 27005E003004740000YO, na zona de policía do rego de Benquerencia.

A documentación presentada pode consultarse na sección participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal), e nas oficinas deste servizo territorial situadas na rolda da Muralla, 70, 2º, 27071 Lugo, con cita previa no teléfono 982 29 44 14.

Os interesados poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Lugo, 26 de febreiro de 2025

Rocío Carreira Carral
Xefa do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica da Mariña