De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar, mediante este anuncio notifícase a calquera persoa interesada a resolución ditada pola directora xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, por delegación da persoa titular da Consellería do Mar, o 26 de febreiro de 2025, pola que se acorda o inicio do procedemento de extinción da concesión de actividade dun establecemento de acuicultura sito en Porto, Meirás, no concello de Valdoviño (A Coruña), titularidade da extinguida sociedade Luso Hispana de Acuicultura, S.L.U. (B36824811).
En cumprimento do artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, as persoas interesadas poderán comparecer, no prazo de dez (10) días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE), nas oficinas da Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, situadas na praza de Europa, 5A, 4º (polígono das Fontiñas), 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da mencionada resolución e constancia de tal coñecemento.
Transcorrido o prazo de dez (10) días indicado no parágrafo anterior sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao vencemento do prazo sinalado para comparecer.
Santiago de Compostela, 10 de marzo de 2025
Patricia García Sánchez
Directora xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica

