Na sesión que tivo lugar o 12 de marzo de 2025, o tribunal cualificador do proceso selectivo para o ingreso, polas quendas de acceso libre e de promoción interna, no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de facultativos, especialidade de medicina, acordou, de conformidade co disposto nas bases da convocatoria, o seguinte:
Que o primeiro exercicio da oposición terá lugar o día 26 de marzo, ás 15.30 horas, nas aulas 5, 6 e 11 da Escola Galega de Administración Pública, sita en Santiago de Compostela na rúa de Madrid 2-4 (As Fontiñas).
Os/as aspirantes deberán ir provistos do DNI ou de documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal, lapis do nº 2 e goma de borrar.
Non se permitirá o acceso ás aulas en que se realice o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas, reloxos intelixentes ou calquera outro material ou instrumento de que se poida valer o/a aspirante para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará ningún servizo de recollida de móbiles.
Santiago de Compostela, 12 de marzo de 2025
María Jesús García Blanco
Presidenta do tribunal
