Na sesión que tivo lugar o 11 de marzo de 2025, o tribunal nomeado pola Resolución do 20 de febreiro de 2025 (DOG núm. 37, do 24 de febreiro) para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e de promoción interna, no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de finanzas, convocado pola Resolución do 22 de xaneiro de 2024 (DOG núm. 20, do 29 de xaneiro), acordou, de conformidade co disposto na base II.1.2.6 da convocatoria, que o primeiro exercicio da oposición terá lugar o día 29 de marzo de 2025, en chamamento único que se iniciará ás 9.00 horas, na Facultade de Dereito de Santiago de Compostela, nas seguintes aulas:
– Aula 1.
– Aula 9.
As persoas aspirantes deberán ir provistas do DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal, lapis do número 2 e goma de borrar.
Non se permitirá o acceso ás aulas onde se realice o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas, reloxos intelixentes ou calquera outro material ou instrumento do que se poida valer a persoa aspirante para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará no recinto ningún servizo de recollida de móbiles.
Santiago de Compostela, 11 de marzo de 2025
José Ángel Mourelo Ortueta
Presidente do tribunal
