DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Xoves, 20 de marzo de 2025 Páx. 18386

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 19 de marzo de 2025 pola que se procede ao nomeamento como persoal funcionario en prácticas no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, das persoas aspirantes que superaron a fase de oposición do proceso selectivo, polas quendas de acceso libre e de promoción interna, en prazas reservadas para seren cubertas por persoas que acrediten discapacidade intelectual, convocado pola Resolución do 30 de marzo de 2022 (Diario Oficial de Galicia número 65, do 4 de abril).

Unha vez rematada a fase de oposición do proceso selectivo para o ingreso, polas quendas de acceso libre e de promoción interna, no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, en prazas reservadas para seren cubertas por persoas que acrediten discapacidade intelectual, convocado pola Resolución do 30 de marzo de 2022 (DOG núm. 65, do 4 de abril), e realizado o acto de elección de destino en prácticas previsto na Resolución do 5 de marzo de 2025 (DOG núm. 46, do 7 de marzo), esta consellería, de conformidade co disposto na Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e demais normas concordantes,

RESOLVE:

Primeiro. Nomear persoal funcionario en prácticas do corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma Galicia, subgrupo C2, as persoas aspirantes que superaron a fase de oposición do proceso selectivo convocado pola Resolución do 30 de marzo de 2022 (DOG núm. 65, do 4 de abril) e que figuran no anexo desta resolución, ordenadas de acordo coa puntuación final obtida, e adxudicarlles como destinos en prácticas os que figuran nel, unha vez realizada a elección de destino en prácticas conforme a Resolución do 5 de marzo de 2025 (DOG núm. 46, do 7 de marzo).

O nomeamento terá efectos, segundo establece a base 3 da convocatoria, desde a data de inicio do período de prácticas regulamentado na Resolución da Consellería de Facenda e Administración Pública do 19 de marzo de 2025, isto é, o 24 de marzo de 2025.

A situación xurídica das persoas aspirantes nomeadas persoal funcionario en prácticas será a prevista no Decreto 95/1991, do 20 de marzo, e demais disposicións concordantes.

Segundo. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer, con carácter potestativo, recurso de reposición ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde esa mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 19 de marzo de 2025

O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal

ANEXO

Nomeamento de persoal funcionario en prácticas e adxudicación de destinos en prácticas

Corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2

NIF

Apelidos e nome

Posto elixido

Código do posto

Denominación

Cons.

Centro destino

Centro directivo

Concello

Subgrupo

Niv.

1

***1357**

Carballo Benito, Manuel

2

FCC070000015770011

Posto base Subgrupo C2

FC

Dirección Xeral da Función Pública

Dirección Xeral da Función Pública

Santiago de Compostela

C2

12

2

***8975**

Jiménez Lorda, Pablo

3

PSC070020115770006

Posto base Subgrupo C2

CU

Centro Coordinador de Información e Documentación Xuvenil

Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado

Santiago de Compostela

C2

12

3

***3817**

Osorio Peláez, Pablo

4

ED5010000315770030

Posto base Subgrupo C2

CU

Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)

Dirección Xeral de Cultura

Santiago de Compostela

C2

12

4

***0546**

Gómez Gosende, Raúl

1

EDC995020115770015

Posto base Subgrupo C2

CU

Museo das Peregrinacións

Servizos periféricos

Santiago de Compostela

C2

12

5

***0884**

Blasco López, Antón Roi

5

SAC020000015770025

Posto base Subgrupo C2

SA

Secretaría Xeral Técnica

Secretaría Xeral Técnica

Santiago de Compostela

C2

12