DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Xoves, 20 de marzo de 2025 Páx. 18389

IV. Oposicións e concursos

Consellería do Mar

ORDE do 7 de marzo de 2025 pola que se declara deserto un posto vacante nesta consellería, convocado para a súa provisión, polo sistema de libre designación, mediante a Orde do 18 de outubro de 2024.

Mediante a Orde do 18 de outubro de 2024, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 208, do 28 de outubro, convocouse a provisión, polo sistema de libre designación, do posto de traballo vacante nesta consellería que se detalla no anexo.

De conformidade co establecido na base sexta da dita orde, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Declarar deserto o posto de traballo que se indica no anexo desta orde.

Segundo. Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición, ante a Consellería do Mar, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderán impugnala directamente, perante o xulgado do contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 7 de marzo de 2025

Alfonso Villares Bermúdez
Conselleiro do Mar

ANEXO I

Denominación: secretario/a do/a director/a xeral.

Código: PE.C04.00.000.15770.001.

Nivel: 18.

Complemento específico: 7.714 €.

Grupo: C1/C2.

Corpo/escala: xeral.

Adscr. adm. p.: A11.

Formación específica: 640.

Centro destino: Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro.

Localidade: Santiago de Compostela.

– Descrición dos códigos de adscrición ás administracións públicas:

A11. Adscrición indistinta a funcionarios da Xunta de Galicia, Estado e CC.AA.

– Descricións dos códigos das formacións específicas:

640. Para persoal doutra Administración, curso de perfeccionamento de galego (R.I.).