DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Xoves, 20 de marzo de 2025 Páx. 18391

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 10 de marzo de 2025 pola que se nomea profesor titular de universidade, con praza vinculada.

De conformidade coa proposta elevada pola comisión nomeada para xulgar o concurso de acceso convocado mediante a Resolución conxunta desta universidade e o Servizo Galego de Saúde, do 2 de decembro de 2024 (BOE do 12 de decembro) e presentada pola persoa proposta a documentación a que fai referencia a base sétima da convocatoria.

Este reitorado, no uso das atribucións conferidas polo artigo 50 da Lei orgánica 2/2023, do 22 de marzo, do sistema universitario (BOE do 23 de marzo) e demais disposicións concordantes, resolveu efectuar o nomeamento que se relaciona no anexo.

Este nomeamento producirá plenos efectos a partir da correspondente toma de posesión pola persoa interesada, que deberá efectuarse no prazo máximo de vinte (20) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado. Se o último día do prazo é inhábil na Universidade de Vigo, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Potestativamente, poderase interpor recurso de reposición ante o reitor, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da devandita publicación, de acordo co disposto na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro).

Vigo, 10 de marzo de 2025

Manuel Joaquín Reigosa Roger
Reitor da Universidade de Vigo

ANEXO

Código:

TUPV2401-C01-610-TUPV-TC-01

Corpo:

profesor titular de universidade-praza vinculada

Área de coñecemento:

A0610 Medicina

Departamento:

D00c01 Bioloxía funcional e ciencias da saúde

Centro de traballo:

312 Escola de Enxeñaría Industrial

Institución sanitaria:

Hospital Álvaro Cunqueiro (Área Sanitaria de Vigo)

DNI:

***9209**

Nome e apelidos:

José Alberto Fernández Villar