Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando as persoas interesadas nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar», mediante o presente anuncio notifícase á persoa interesadas sinalada no cadro anexo a Resolución desta dirección territorial, do 23 de xaneiro de 2025, pola que se concede a autorización administrativa previa, de construción e declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución eléctrica a prol da entidade UFD Distribución Electricidad, S.A. e que corresponde ao proxecto de instalación eléctrica denominada Regulamentación LAMT SAD713 Vilar 13 entre apoios AKUHAV47//15C500-2 e AKR7RW92//15C500-4, no concello de Sada (expediente IN407A 2024/039-1).
O texto íntegro da resolución que agora se anuncia está á disposición das persoas interesadas na sede do Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña, situada no Edificio Administrativo de Monelos, na rúa Vicente Ferrer, nº 2, 2º, 15008 A Coruña, na Sección de Enerxía (teléfono de contacto 981 18 49 02), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. As persoas interesadas disporán dun prazo de dez días, a partir da publicación deste anuncio, para solicitar a remisión da resolución ao enderezo que sinalen.
Contra a resolución, que non pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso de alzada perante a Conselleira de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir da notificación da resolución, ou interpoñer calquera outro recurso que proceda.
A Coruña, 7 de marzo de 2025
Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña
ANEXO
Relación de bens e dereitos afectados
Concello de Sada.
|
Nº de parcela |
Lugar/ref. castastral |
Cultivo |
Propietario e enderezo |
Afección de solo en pleno dominio |
Afección de solo por servidume de paso de enerxía eléctrica |
||||
|
Apoio nº |
m2 |
ml aér. |
ml sot. |
m2 aér |
m2 sot. |
||||
|
1 |
Valiñas 15076A014010220000EG |
Matogueira |
Descoñecido |
3 |
2,0 |
42,80 |
681,56 |
||
|
2 |
Valiñas 15076A014011720000ES |
Matogueira |
Descoñecido |
3-BIS |
2,0 |
68,51 |
831,06 |
||
|
3 |
Fonte Corneira 15076A014010280000EM |
Matogueira |
Descoñecido |
112,3 |
|||||
|
4 |
Fonte Corneira 15076A014010270000EF |
Matogueira |
Descoñecido |
84,53 |
|||||
|
5 |
Fonte Corneira 15076A014010260000ET |
Matogueira |
Descoñecido |
79,63 |
|||||
|
6 |
Fonte Corneira 15076A014010250000EL |
Matogueira |
Descoñecido |
12,22 |
184,6 |
||||
|
7 |
Valiñas 15076A014010240000EP |
Matogueira |
Descoñecido |
26,08 |
411,06 |
||||
