DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Xoves, 20 de marzo de 2025 Páx. 18425

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 10 de marzo de 2025, do Departamento Territorial da Coruña, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia nun expediente de reclamacións (expediente IN635A 2024/000242-1).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non se puidesen efectuar faranse por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), e quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

Polo anterior e logo de intentada a notificación persoal no último domicilio coñecido aos interesados que se sinalan no anexo, a continuación publícase o presente anuncio, que terá efectos a partir do día seguinte ao da súa publicación no BOE.

Sen prexuízo do anterior e en virtude do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.

A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez (10) días contados desde o seguinte ao da publicación no BOE deste anuncio, ante a Dirección Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña, Edificio Administrativo Monelos, 2º andar (reclamacións), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

A Coruña, 10 de marzo de 2025

Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña

ANEXO

Interesado/a

Nº de expediente

Acto que se notifica

Concello

76865931T

IN635A 2024/000242-1

Resolución

Padrón