DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Xoves, 20 de marzo de 2025 Páx. 18419

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ACORDO do 26 de febreiro de 2025, do Departamento Territorial de Ourense, polo que se someten a información pública a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, coa necesidade de urxente ocupación, dunha instalación eléctrica no concello de Ourense (expediente IN407A 2025/009-3).

En cumprimento do disposto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, sométese a información pública a solicitude relacionada coas instalacións que se describen a seguir:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida San Luis, 77, 28033 Madrid.

Denominación: Regulamentación da LMTA SAC803 entre os apoios número 21 e 36.

Situación: lugar de Untes, concello de Ourense.

Características principais recollidas no proxecto:

• Substitución, na LMTA SAC803, dos apoios cos números 22, 23, 24, 25, 26, 27, 29, 30, 31 e 32 por novos apoios de celosía metálica do tipo C-16/1000, C-16/3000, C-14/1000, C-14/2000, C-14/2000, C-14/1000, C-14/2000, C-14/1000, C-14/2000 e C-14/2000, respectivamente. Retirada do apoio núm. 28 e instalación dun novo apoio núm. 21/1 de celosía metálica, do tipo C-16/1000. Substitución do condutor existente entre o apoio proxectado núm. 21/1 e o apoio existente núm. 33 por 1.485 m de novo condutor LA-110.

O obxecto da información pública será a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, da citada instalación eléctrica. A declaración de utilidade pública levará implícita, de acordo co artigo 56 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, a necesidade da urxente ocupación, para os efectos da expropiación forzosa, dos bens e dereitos afectados necesarios para o establecemento destas instalacións.

Documentación que se expón:

1. O proxecto de execución, asinado polo enxeñeiro industrial David Núñez Fernández, colexiado núm. 1534 do ICOIIG, o 20.8.2024.

2. A relación concreta e individualizada dos propietarios de bens e de dereitos afectados, que figura no anexo a este acordo.

3. Os planos parcelarios do proxecto.

O que se fai público para o coñecemento xeral, así como, en particular, dos propietarios dos predios que figuran na relación anexa a este acordo e das persoas que, sendo titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados, fosen omitidas, para que poidan examinar a documentación técnica anteriormente relacionada e, se for o caso, presentar as alegacións ou observacións que coiden oportunas, dentro do prazo de trinta (30) días que se contará a partir do día seguinte ao da publicación deste acordo no Diario Oficial de Galicia.

Toda a documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía do Departamento Territorial de Ourense da Consellería de Economía e Industria (rúa Curros Enríquez, núm. 1-3º andar, 32003 Ourense), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, así como na seguinte ligazón web da consellería:

http://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica

Ourense, 26 de febreiro de 2025

Alicia María López Míguez
Directora territorial de Ourense

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados

Núm. de expediente: IN407A 2025/009-3.

Situación: lugar de Untes, concello de Ourense.

Denominación da instalación: Regulamentación da LMTA SAC803 entre os apoios núm. 21 e 36.

Predios

Propietarios

Afección

Núm.

Lugar

Cultivo

Nome e apelidos

Ref. catastral

Apoio

Voo

Núm.

Sup.

ocupada

m2

Lonx. m

Sup.

afect. m2

3

Rego

Matogueira

Descoñecido

32900A066003310000PP

23

2

6

Gandareira

Matogueira

Descoñecido

32900A066002390000PO

26

2

13

Gandareira

Matogueira

Descoñecido

32900A066001930000PU

6

81

14

Gandareira

Matogueira

Hdros. de Gustavo Gómez González

32900A066001920000PZ

6

84

16

Gandareira

Matogueira

Descoñecido

32900A066001850000PI

0

20

20

Gandareira

Matogueira

Ana Ramona Gómez Feijoo

32900A066001820000PR

4

67

21

Gandareira

Matogueira

Descoñecido

32900A066001810000PK

11

87

22

Gandareira

Matogueira

Descoñecido

32900A066001790000PR

30

2

11

170

24

Gandareira

Matogueira

Descoñecido

32900A066001770000PO

14

230

25

Gandareira

Matogueira

Descoñecido

32900A066001760000PM

11

169

26

Gandareira

Matogueira

Descoñecido

32900A066001750000PF

9

118

27

Gandareira

Matogueira

Descoñecido

32900A066001740000PT

14

231

29

Suventana

Matogueira

Hdros. de Manuel Fernández Mosquera

32900A065000530000PS

0

60

30

Suventana

Matogueira

Hdros. de Purificación Pérez Mosquera

32900A065000520000PE

5

79

31

Labradas

Matogueira

Descoñecido

32900A066006270000PD

0

8

32

Suventana

Matogueira

Descoñecido

32900A065000500000PI

31

2

17

119

33

Suventana

Matogueira

Descoñecido

32900A065000510000PJ

0

77

34

Souto Carreiros

Matogueira

Descoñecido

32900A065000070000PO

32

2