DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Xoves, 20 de marzo de 2025 Páx. 18417

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ACORDO do 26 de febreiro de 2025, do Departamento Territorial de Ourense, polo que se someten a información pública a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, coa necesidade de urxente ocupación, dunha instalación eléctrica no concello de Amoeiro (expediente IN407A 2025/011-3).

En cumprimento do disposto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, sométese a información pública a solicitude relacionada coas instalacións que se describen a seguir:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida San Luis, 77, 28033 Madrid.

Denominación: Regulamentación da LMTA SAC805 no treito entre os apoios núm. 52-35-1 e núm. 52-35-7.

Situación: lugar da Costa do Monte, concello de Amoeiro.

Características principais recollidas no proxecto:

– Substitución, na LMTA SAC805, do apoio núm. 52-35-2 por un novo apoio de celosía metálica do tipo C-18/1000.

O obxecto da información pública será a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, da citada instalación eléctrica. A declaración de utilidade pública levará implícita, de acordo co artigo 56 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, a necesidade da urxente ocupación, para os efectos da expropiación forzosa, dos bens e dereitos afectados necesarios para o establecemento destas instalacións.

Documentación que se expón:

1. O proxecto de execución, asinado polo enxeñeiro industrial David Núñez Fernández, colexiado núm. 1.534 do ICOIIG, o 20.1.2025.

2. A relación concreta e individualizada dos propietarios de bens e de dereitos afectados, que figura no anexo a este acordo.

3. Os planos parcelarios do proxecto.

O que se fai público para o coñecemento xeral, así como, en particular, dos propietarios dos predios que figuran na relación anexa a este acordo e das persoas que, sendo titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados, fosen omitidas, para que poidan examinar a documentación técnica anteriormente relacionada e, se for o caso, presentar as alegacións ou observacións que coiden oportunas, dentro do prazo de trinta (30) días contado a partir do día seguinte ao da publicación deste acordo no Diario Oficial de Galicia.

Toda a documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía do Departamento Territorial de Ourense da Consellería de Economía e Industria (rúa Curros Enríquez, núm. 1-3º, 32003 Ourense), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, así como na seguinte ligazón web da consellería:

http://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica

Ourense, 26 de febreiro de 2025

Alicia María López Míguez
Directora territorial de Ourense

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados

Núm. de expediente: IN407A 2025/011-3.

Situación: lugar da Costa do Monte, concello de Amoeiro.

Denominación: Regulamentación da LMTA SAC805 no treito entre os apoios núm. 52-35-1 e núm. 52-35-7.

Predio núm. en proxecto: 1.

Referencia catastral: 32003A078000750000YU.

Lugar: A Costa do Monte.

Cultivo: monte baixo.

Titular: veciños da aldea da Costa do Monte.

Afeccións: ocupación de 2 m² para o apoio núm. 52-35-2.