O Pleno da Corporación, na sesión do 14.1.2025, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:
• Aprobar definitivamente o estudo de detalle para a ordenación de volume das parcelas 147 e 148 do Plan parcial Zapateira 2, na parroquia de Orro, identificadas coa referencia catastral 5939506NH4953N e 5939507NH4953N, que promove Felipe García Carnicero.
Contra este acordo, en aplicación do artigo 112.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e dado que aproba unha disposición de carácter xeral, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o correspondente Xulgado do Contencioso-Administrativo da Coruña no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, de conformidade coa Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa. Todo iso sen prexuízo de que se poida interpor calquera outro recurso que se considere máis conveniente.
O estudo de detalle aprobado poderase consultar na Área de Urbanismo (na casa do concello, situada na rúa do Concello, nº 12, Culleredo), de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas; e tamén no portal de transparencia municipal, na páxina web institucional (https://www.culleredo.es/urbanrede).
Culleredo, 27 de febreiro de 2025
José Ramón Rioboo Castro
Alcalde
