Mediante o Acordo da Xunta de Goberno Local, do 17 de febreiro de 2025, aprobouse inicialmente o Plan especial de infraestruturas e dotacións Instalación deportiva en Bizocas, promovido de oficio polo Concello do Grove e redactado pola arquitecta municipal Pastora Parada Portas.
En cumprimento do disposto no artigo 75 da Lei 2/2016, do solo de Galicia, sométese o expediente a información pública por prazo de dous meses mediante a publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, no periódico Faro de Vigo, no taboleiro edictal do Concello así como no taboleiro de anuncios da sede electrónica (artigo 87 da LSG). Durante ese prazo, que se computará a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG, poderán presentarse alegacións, suxestións ou documentos que se consideren oportunos en relación co instrumento ou co expediente sometido a información pública.
O expediente completo estará ao dispor dos interesados no Departamento de Urbanismo do Concello, de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas.
O Grove, 18 de febreiro de 2025
José Antonio Cacabelos Rico
Alcalde presidente
