DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Xoves, 20 de marzo de 2025 Páx. 18453

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de San Cibrao das Viñas

ANUNCIO de nomeamento de persoal laboral.

Unha vez finalizado o proceso selectivo referente á convocatoria para a cobertura dunha praza de chofer de servizos varios e dunha praza de auxiliar administrativo de protección civil, persoal laboral fixo, incluídas na oferta de emprego público correspondente ao ano 2022 e publicadas no BOP de Ourense núm. 155, do 12 de agosto de 2024, con corrección de erro no BOP de Ourense núm. 181, do 18 de setembro, extracto no DOG núm. 161, do 22 de agosto, con corrección de erro no DOG núm. 192, do 4 de outubro de 2024, e no BOE núm. 264, do 1 de novembro, mediante Acordo da Xunta de Goberno Local do 21 de febreiro de 2024, efectuouse o nomeamento como persoal laboral fixo das seguintes persoas:

Posto

Denominación do posto

Nome, apelidos e DNI

03.03.00.01

Auxiliar administrativo de protección civil

Natalia Barandela Forneiro ***8003**

03.02.00.02

Chofer de servizos varios

José Bernardo Iglesias Sierra ***7063**

O anterior publícase para os efectos da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e do Regulamento xeral de ingreso do persoal ao servizo da Administración xeral do Estado e de provisión de postos de traballo e promoción profesional dos funcionarios civís da Administración xeral do Estado, aprobado polo Real decreto 364/1995, do 10 de marzo.

San Cibrao das Viñas, 14 de marzo de 2025

Marta Nóvoa Iglesias
Alcaldesa