Mediante a Resolución da Alcaldía do 26 de febreiro de 2025 acordouse o nomeamento como funcionaria de carreira deste concello de Vilanova de Arousa, na escala da Administración xeral, subescala auxiliar, posto de traballo de auxiliar administrativo, de Marlene Rodríguez Baña, con DNI***3032**.
O que se publica para os efectos de cumprimento do establecido na base 11.1. das que rexen o proceso selectivo para a cobertura do dito posto de traballo de auxiliar administrativo, incluído na oferta pública de emprego ordinaria do ano 2022 do Concello de Vilanova de Arousa, publicadas no BOPPO nº 145, do 26 de xullo de 2024.
Vilanova de Arousa, 26 de febreiro de 2025
Gonzalo Durán Hermida
Alcalde
