DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Venres, 21 de marzo de 2025 Páx. 18618

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 11 de marzo de 2025, do Departamento Territorial de Vigo, polo que se notifica a resolución do expediente PSC-PO-0251/2024-TRA e catro máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselles ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio a resolución do expediente PSC-PO-0251/2024-TRA e catro máis.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE), polo que o prazo para presentar o recurso se computará desde esa publicación.

As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas do Departamento Territorial da Consellería do Mar, sitas na rúa Concepción Arenal, 8, 4º andar, Vigo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da resolución e constancia de tal coñecemento.

Contra as resolucións dos expedientes de referencia, que non poñen fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso de alzada ante a persoa titular da Consellería do Mar no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do BOE, de conformidade co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, en relación coa disposición transitoria terceira, letra c), da mesma lei.

Vigo, 11 de marzo de 2025

María Elena Suárez Sarmiento
Directora territorial de Vigo

ANEXO

Nº de expediente

DNI/NIF/NIE

Acto que se notifica

Enderezo

PSC-PO-0251/2024-TRA

GD417975

Resolución

Rúa Gil Vicente, 10, Setúbal, Portugal

PSC-PO-0329/2024-TRA

513202994

Resolución

Heróis de França, Arm. 14, Matosinhos, Portugal

PSC-PO-0665/2024-V

78734552D

Resolución

Sierra Poniente, 4, Cangas

PSC-PO-0658/2024-PPM

35474813G

Resolución

A Cerca, 27, Vilanova de Arousa

PSC-PO-0730/2024-PRE

36051447M

Resolución

Camiño Melcas, 22, Vigo