En cumprimento do establecido no artigo 19 do Decreto 274/2003, do 4 de xuño, polo que se regula o procedemento de obtención do permiso e concesión de actividade para os establecementos de acuicultura e auxiliares de acuicultura na zona terrestre, faise público que, mediante a Resolución do 27 de febreiro de 2025, se outorga unha concesión de actividade para a instalación do establecemento de acuicultura na zona terrestre que se describe:
Titular da concesión de actividade: A Ostreira, S.L. (B36022598).
Prazo de outorgamento: dez (10) anos, prorrogables por iguais períodos, ata un máximo de cincuenta (50) anos.
Tipo de establecemento: criadeiro.
Localización: lugar de Rons, termo municipal do Grove (Pontevedra).
Especies autorizadas: ameixa xaponesa (Ruditapes philippinarum), ameixa fina (Ruditapes decussatus), ameixa rubia (Venerupis rhomboides), ameixa babosa (Venerupis pullastra), ostra rizada (Magallana gigas), ostra plana (Ostrea edulis).
Santiago de Compostela, 27 de febreiro de 2025
Patricia García Sánchez
Directora xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica
