En sesión que tivo lugar o 7 de marzo de 2025, o tribunal nomeado polar Resolución do 12 de agosto de 2024 para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e de promoción interna, na escala técnica de condución do corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, convocado pola Resolución do 5 de xullo de 2023,
ACORDOU:
Primeiro. Publicar os resultados obtidos polas persoas aspirantes presentadas ao segundo exercicio do proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e de promoción interna, na escala técnica de condución do corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, no portal web corporativo da Xunta de Galicia, funcionpublica.xunta.gal
Segundo. De conformidade co disposto na base II.1.1.2 da convocatoria, superaron o segundo exercicio da oposición as persoas aspirantes que obtiveron o resultado de apto.
Terceiro. De acordo co disposto na base II.1.2.8 da convocatoria, as persoas aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas con relación ás puntuacións, no prazo de 10 días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia.
De conformidade co disposto na base III.13 da convocatoria, contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 7 de marzo de 2025
Ana P. Otero Ferreiro
Presidenta do tribunal
