Na sesión que tivo lugar o 19 de marzo de 2025 e logo da estimación do recurso de alzada presentado por María de la Cruz Álvarez Muras contra a Resolución do 21 de outubro de 2024, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, pola que se fai pública a baremación definitiva da fase de concurso de determinados corpos, escalas e especialidades (DOG número 204, do 22 de outubro), o tribunal nomeado pola Resolución do 16 de abril de 2024 (DOG número 78, do 19 de abril), modificada pola Resolución do 21 de maio de 2024 (DOG número 102, do 28 de maio),
RESOLVE:
Primeiro. Modificar a Resolución deste tribunal do 21 de outubro de 2024 pola que se fai pública a baremación definitiva da fase de concurso de determinados corpos, escalas e especialidades (DOG número 204, do 22 de outubro), con relación á puntuación asignada a María de la Cruz Álvarez Muras (***6536**) no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia (subgrupo A1).
A baremación definitiva obtida pola persoa aspirante publícase no portal web corporativo da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal: https://www.xunta.gal/funcion-publica/procesos-selectivos/consulta
Segundo. De conformidade co disposto na base IV.13 da convocatoria, contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 19 de marzo de 2025
Ana Belén Díaz Fernández
Presidenta do tribunal
