Na sesión que tivo lugar o 20 de marzo de 2025, o tribunal nomeado pola Resolución do 16 de abril de 2024 (DOG núm. 78, do 19 de abril) para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, nas categorías 19, 32, 38 e 40 do grupo I de persoal laboral da Xunta de Galicia, convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022, modificada pola Resolución do 20 de xaneiro de 2023 (DOG núm. 15, do 23 de xaneiro) e pola Resolución do 6 de febreiro de 2023 (DOG núm. 26, do 7 de febreiro) (corrección de erros no DOG núm. 64, do 31 de marzo),
RESOLVE:
Primeiro. Facer pública a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, na categoría profesional do grupo I que se relaciona no anexo desta resolución, por orde das puntuacións obtidas no concurso e con indicación do seu documento nacional de identidade (coas limitacións previstas na normativa en materia de protección de datos de carácter persoal).
A relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo publícase no portal web corporativo da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal: https://www.xunta.gal/funcion-publica/procesos-selectivos/consulta
De conformidade co disposto na base V.2 da convocatoria, e de acordo co Informe do 9 de outubro de 2024, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, sobre a aplicación aos procesos selectivos de estabilización da Lei 20/2021, da tramitación de urxencia, conforme o artigo 33 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos disporán dun prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, para presentaren os documentos previstos na devandita base, no caso de que non fosen presentados ou validados previamente.
Segundo. Elevar a devandita relación de aspirantes á titular da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, para os efectos de que as persoas que figuran nela sexan propostas para o seu nomeamento como persoal laboral fixo.
De acordo co disposto na base IV.13 da convocatoria, contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada, ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 20 de marzo de 2025
Ana Belén Díaz Fernández
Presidenta do tribunal
ANEXO I
Categoría de persoal laboral do grupo I da cal se publica a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo
|
Categoría profesional |
|
Categoría 40. Titulado/a superior lingüista |
ANEXO II
Relación de persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo
Convocatoria: grupo I - laboral (concurso).
Corpo/categoría: titulado/a superior lingüista (0040).
Prazas acceso libre: 11.
Prazas acceso base I.1.1: 0.
|
Nº orde |
DNI/NIE |
Apelidos, nome |
Quenda |
Puntuación |
|
1 |
***9162** |
Fraga Vaamonde, Ana María |
Libre |
92,5 |
|
2 |
***0825** |
Prieto Rodríguez, María Pilar |
Libre |
92,5 |
|
3 |
***1285** |
Rodríguez Rodríguez, Ánxela |
Libre |
91,5 |
|
4 |
***6833** |
Vega Prieto, María Antonia |
Libre |
88,56 |
|
5 |
***9508** |
Díaz Lastra, María Oliva |
Libre |
87,6 |
|
6 |
***0437* |
Domínguez Vázquez, María Fernanda |
Libre |
84,8 |
|
7 |
***6782** |
Quintáns Vigo, María Xosé |
Libre |
82,65 |
|
8 |
***8736** |
Vidal Reimúndez, Carme María |
Libre |
79,2 |
|
9 |
***3613** |
Pampín Otero, María del Carmen |
Libre |
74,6 |
|
10 |
***4204** |
Rubinos Conde, Miguel |
Libre |
74,6 |
|
11 |
***5840** |
Lestón Tobío, María Xosefa |
Libre |
71,8 |
