Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE) resulta preceptiva «cando as persoas interesadas nun procedemento sexan descoñecidas, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante o presente anuncio infórmase da data de ocupación e requirimento da folla de valoración, no procedemento expropiatorio sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LMT NEG811 no apoio 9SUDG7AH//D62-2, no concello de Negreira (expediente IN407A 2023/330-1), correspondente ao predio e á titularidade que se sinala no cadro anexo que máis abaixo se detalla.
A copia da acta e do depósito previo atópanse ao dispor da persoa interesada na sede do Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña, situada no Edificio Administrativo de Monelos, na rúa Vicente Ferrer, nº 2, 2º, 15008 A Coruña, na Sección de Expropiacións (solicitando cita previa no teléfono de contacto 981 18 49 11), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. A dita persoa interesada disporá dun prazo de dez (10) días, a partir da publicación deste anuncio no BOE, para solicitar a remisión dos devanditos documentos ao enderezo que sinalen.
Transcorrido o prazo de dez (10) días indicado no parágrafo anterior sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
A Coruña, 11 de marzo de 2025
Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña
ANEXO
|
Predio |
Referencia catastral |
Titularidade proposta |
Data da ocupación |
|
1 |
15057E508001120000KZ |
Encarnación Ofelia Lueiro Riveiro |
17.3.2025 |
