Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante este anuncio infórmase da consignación do prezo xusto determinado polo Xurado de Expropiación de Galicia, máis os xuros correspondentes, no procedemento expropiatorio sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LMT, CT, RBT Torre Branca, no concello de Val do Dubra (expediente IN407A 2019/223-1), correspondentes aos predios e ás titularidades que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla.
A Coruña, 11 de marzo de 2025
Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña
ANEXO
|
Predio |
Titularidade proposta |
Depósito |
Importe |
|
2 |
José Antonio Fraga García |
2025/15/82 |
1.957,07 € |
|
3 |
José Antonio Fraga García |
2025/15/83 |
108,99 € |
|
4 |
Herdeiros de Evangelina Fraga García |
2025/15/84 |
6.031,33 € |
