DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Venres, 21 de marzo de 2025 Páx. 18635

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Pontevedra

ANUNCIO de convocatoria do proceso de provisión dun posto vacante e do proceso selectivo para a cobertura de prazas vacantes no corpo da Policía Local e polo que se dá publicidade ás bases reguladoras do proceso de provisión por mobilidade dun posto na categoría de policía e do proceso selectivo para o acceso por promoción interna á categoría de oficial no corpo da Policía Local (ampliación da oferta de emprego público do ano 2024).

No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra (BOP) número 40, do xoves 27 de febreiro de 2025, publicáronse as bases reguladoras do proceso de provisión (mobilidade) e de selección (promoción interna) para o acceso a varias categorías do corpo de Policía Local correspondentes con prazas da ampliación da oferta de emprego público do ano 2024.

A concelleira de Servizos non Territorializados convocou, mediante a Resolución do 7 de febreiro de 2025, o proceso de provisión dun posto, polo sistema de mobilidade, para a provisión de postos vacantes no Concello de Pontevedra incluídos na ampliación da oferta de emprego público correspondente ao exercicio 2024, que a continuación se sinalan:

– Grupo segundo o artigo 76 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015: C. Subgrupo C1. Clasificación: escala de Administración especial, subescala servizos especiais. Número de vacantes: 1. Denominación: policía.

O prazo de presentación de instancias para participar no proceso de provisión será de quince (15) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación do presente anuncio no Boletín oficial del Estado, e publicaranse os sucesivos anuncios no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra e no taboleiro de edictos da Corporación nos termos establecidos nas bases.

Así mesmo, na mesma resolución convocouse o proceso selectivo para a cobertura pola quenda de promoción interna das prazas vacantes no Concello de Pontevedra incluídas na ampliación da oferta de emprego público do ano 2024, que a continuación se sinala:

– Grupo segundo o artigo 76 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015: C. Subgrupo C1. Clasificación: escala de Administración especial, subescala servizos especiais, clase policía local. Número de vacantes: 2. Denominación: oficial, mediante o procedemento de promoción interna.

O prazo de presentación de instancias para participar no antedito proceso de selección será de vinte (20) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación do presente anuncio no Boletín Oficial del Estado, e publicaranse os sucesivos anuncios no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra e no taboleiro de edictos da Corporación nos termos establecidos nas bases.

Pontevedra, 10 de marzo de 2025

O alcalde
P.D. (Acordo da Xunta Goberno Local do 21.11.2024)
Eva María Villaverde Pego
Concelleira responsable da Área de Servizos non Territorializados