DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Venres, 21 de marzo de 2025 Páx. 18637

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Porriño

ANUNCIO da convocatoria do proceso selectivo para cubrir definitivamente unha praza de subalterno.

No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra núm. 246, do 19 de decembro de 2024, publicáronse integramente as bases da convocatoria para cubrir definitivamente, polo sistema de oposición, unha (1) praza vacante de subalterno, da escala da Administración xeral, subescala subalterna, grupo E (agrupacións profesionais –AP–), reservada a funcionarios de carreira, incluída na oferta pública de emprego do ano 2024, que se corresponde co posto da relación de postos de traballo número 01.03.00.10.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios deste proceso selectivo, cando procedan, realizaranse na forma prevista nas propias bases.

O Porriño, 7 de febreiro de 2025

Manuel Alejandro Lorenzo Alonso
Alcalde