DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Luns, 24 de marzo de 2025 Páx. 18789

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

CÉDULA do 3 de marzo de 2025 pola que se notifica a resolución do expediente de reclamación patrimonial con referencia 21/21.

O 11 de outubro de 2021 formúlase a reclamación patrimonial presentada por Juan Rañales Payo por danos sufridos como consecuencia dun roubo na súa embarcación no porto de Ares onde indica expresamente como domicilio para os efectos de notificación: Soto da Ribeira, nº 11, Maniños, 15520 Fene (A Coruña).

O 23 de xaneiro de 2024 resólvese o expediente de reclamación patrimonial con referencia 21/21 e, intentada a notificación deste acordo no domicilio de notificación antes indicado, segundo o Servizo de Correos e Telégrafos, S.A. comunícase «Descoñecido».

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas (en diante, LPAC), notifícaselle ao reclamante cuxo domicilio para os efectos de notificación é Soto da Ribeira, nº 11, Maniños, 15520 Fene (A Coruña), mediante a publicación no Boletín Oficial del Estado, la resolución de reclamación patrimonial con referencia RP 21/21.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Esta resolución pon fin á vía administrativa e contra ela cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a sala do contencioso-administrativo do xulgado correspondente da dita orde xurisdicional no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da recepción da presente notificación, consonte o establecido nos artigos 25 e 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de que os interesados poidan exercer o recurso de reposición, ante o mesmo órgano que ditou esta resolución, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da notificación.

O expediente completo está nas dependencias dos servizos centrais de Portos de Galicia onde poderá ser examinado das 9.00 ás 14.00 horas, en días hábiles, excluídos sábados, domingos e festivos.

E para que conste e lle sirva de notificación, e en cumprimento do disposto no artigo 41 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido, asino e selo a presente cédula.

Santiago de Compostela, 3 de marzo de 2025

Juan Sanmartín Ferreiro
Director de Portos de Galicia