O Pleno do Concello, na sesión realizada o 6.2.2025, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:
«Primeiro. Aprobar o informe municipal do 19.12.2024, con CSV 3A2R1R10513W5D1Q1DV0, no cal se analizan os informes sectoriais emitidos no expediente.
Segundo. Aprobar definitivamente o documento denominado «Estudo de detalle no Complexo Deportivo Agra I, parcelas catastrais 6716003NJ4061N0001ML e 6716004NJ4061N0001OL, Agra do Orzán, concello da Coruña, para a súa ampliación. Maio de 2024», promovido por Desafíos Deportivos Forus, S.L.U. e redactado por J. Ignacio Triana, que incorpora as emendas sinaladas no acordo do 24.1.2024 de aprobación inicial do documento.
Terceiro. Notificarlle este acordo ao promotor do documento e aos servizos e departamentos municipais interesados na tramitación do expediente».
O contido íntegro do estudo de detalle aprobado pódese consultar fisicamente nas dependencias da Área Municipal de Urbanismo e de forma dixital na sede electrónica deste concello, no enderezo electrónico https://www.coruna.gal/urbanismo, na epígrafe «Planeamento/planeamento vixente», ou ben, desde a mesma web, a través do visor «Desenvolvemento do planeamento».
Contra este acordo, con carácter de disposición administrativa de carácter xeral, pódese interpor directamente recurso contencioso-administrativo ante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (artigo 84.1 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e artigo 201.1 do seu regulamento), no prazo máximo de dous meses, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, de conformidade co disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de interpor calquera outro recurso que se entenda máis procedente e sexa conforme dereito.
A Coruña, 26 de febreiro de 2025
A alcaldesa
P.D. (Decreto 3531/2024, do 19 de xuño; BOP núm. 123, do 27 de xuño)
Francisco Dinís Díaz Gallego
Concelleiro delegado responsable da Área de Urbanismo, Rehabilitación e Vivenda
