DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Luns, 24 de marzo de 2025 Páx. 18771

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

EDICTO do 11 de marzo de 2025, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, relativo ao inicio do expediente de clasificación como veciñal en man común do monte denominado Puzal, Castro, Costa e Serra, no concello de Celanova.

O Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, en sesión do 17 de febreiro de 2025, acordou iniciar os trámites para a clasificación como veciñal en man común do monte coas características que a seguir se relacionan:

Nome do monte: Puzal, Castro, Costa e Serra.

Superficie: 13,2 ha.

Pertenza: veciños/as do lugar de Piñeiro.

Parroquia: Castromao (Sta. María).

Concello: Celanova.

Descrición dos predios que constitúen o monte:

– Predio 1 (monte Puzal):

Parcelas obxecto de clasificación

Parcelas estremeiras

Referencia catastral

Lindeiros

Referencia catastral

32025A04800282

Norte

32025A04800281

Leste

32025A04800536

32025A04800533

32025A04800534

32025A04800535

Sur

32025A04800574

Oeste

32025A04809009

Parcela poboada por piñeiro bravo (Pinus pinaster, sp) en estado bastío-fuste.

Lindeiros:

Norte, parcela Puzal clasificada para a CMVMC A Gandarela, Canavelas, A Ferrería, A Buratiña e O Pazo.

Oeste, camiño que o separa do monte dos veciños de Castromao en trámite de clasificación.

Leste e sur, propiedades particulares.

– Predio 2 (monte Castro de Castromao):

Parcelas obxecto de clasificación

Parcelas estremeiras

Referencia catastral

Lindeiros

Referencia catastral

32025A51005701

Norte

32025A04809007

32025A51005019

32025A51009008

32025A51005033

Leste

32025A51005039

32025A51005044

Sur

32025A51009004

Oeste

32025A04809007

Parcela con mestura de carballo e piñeiro bravo con zonas sen vexetación arbórea na contorna do asentamento castrexo de Castromao.

Lindeiros:

Norte, leste e oeste con predios particulares.

Sur, camiño que o separa do monte dos veciños de Castromao en trámite de clasificación.

– Predio 3 (monte Costa):

Predio situado na contorna de instalacións públicas do concello de Celanova. Está atravesado pola vía de comunicación OU-0209 (Celanova-Leirado). Na parcela 5563 do polígono 510 ubícase un heliporto que habitualmente usan os servizos de emerxencia. E tamén estivo o lixeiro do concello agora clausurado.

Os terreos incluídos neste predio constitúen un único couto redondo, segundo a definición que figura no artigo 8 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, conectadas por varios camiños.

Parcelas obxecto de clasificación

Parcelas estremeiras

Referencia catastral

Lindeiros

Referencia catastral

32025A50805563

32025A06500003

32025A06500015

32025A06500096

32025A06500002

32025A06500097

32025A06500001

Norte

32025A50805553

32025A50805556

32025A50805557

32025A50805558

32025A50805559

32025A50805560

32025A50809014

32025A06509003

Leste

6180101NG8658S

6180135NG8658S

6180134NG8658S

Sur

32025A06500016

32025A06500009

32025A06500007

32025A06500114

32025A06500056

32025A06509004

Oeste

32025A06509003

32025A06709005

32025A06509004

Lindeiros:

Destacables polo sur o complexo do tanatorio municipal e polo oeste, separado por un camiño, a parcela 26 do polígono 66 que está en trámite de clasificación para os veciños de Castromao.

– Predio 4 (monte Serra): couto redondo.

Parcelas obxecto de clasificación

Parcelas estremeiras

Referencia catastral

Lindeiros

Referencia catastral

32025A04400182 (parte)

32025A04400254

00100300NG86H (parte)

Norte

00100300NG86H (parte)

32025A4409003

32025A04400198

32025A04400182 (parte)

Leste

32025A4309003

Sur

32025A4309003

Oeste

32025A04400233

32025A04400232

32025A04400220

32025A04400221

32025A04400219

32025A4409003

Este predio presenta pouco arborado, menos dun terzo do total da superficie.

É de resaltar na parcela 32025A04400254 as instalacións do Servizo de Incendios da Consellería do Medio Rural (aprox. 5.000 m2) realizadas despois da concesión do terreo polo Concello de Celanova.

Na mesma parcela tamén se poden apreciar restos dunha plantación de especies do xénero Sambucus realizada por un particular no ano 2015. O terreo foi cedido polo Concello.

A parcela 32025A04400182 (parte) non ten vexetación, foi decapada e forma parte da contorna do campo de fútbol (parcela 00100300NG86H) que comparte coa CMVMC A Gandarela, Canavelas, A Ferrería, A Buratiña e O Pazo.

O que se pon en coñecemento de todos os interesados e indícaselles que se abre un período dun mes para que poidan examinar o expediente e efectuar as alegacións que xulguen convenientes, así como achegar os documentos ou informacións que xulguen oportunas, de conformidade co disposto no artigo 23 do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, polo que se aproba o Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.

Ourense, 11 de marzo de 2025

José Antonio Armada Pérez
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común de Ourense