DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Luns, 24 de marzo de 2025 Páx. 18669

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 12 de marzo de 2025, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de veterinarios, pola que se fai pública a relación de persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo.

Na sesión que tivo lugar o 10 de marzo de 2025, o tribunal nomeado pola Resolución do 21 de decembro de 2023 (DOG núm. 1, do 2 de xaneiro de 2024), para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de veterinarios, convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (DOG núm. 245, do 27 de decembro), modificada pola Resolución do 20 de xaneiro de 2023 (DOG núm. 15, do 23 de xaneiro), e pola Resolución do 6 de febreiro de 2023 (DOG núm. 26, do 7 de febreiro),

ACORDOU:

Primeiro. Facer pública a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo, por orde das puntuacións obtidas e con indicación do seu documento nacional de identidade (coas limitacións previstas na normativa en materia de protección de datos de carácter persoal).

A relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo publícase no portal web corporativo da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal: https://www.xunta.gal/funcion-publica/procesos-selectivos/consulta

De conformidade co disposto na base VI.2. da convocatoria e de acordo co informe do 9 de outubro de 2024, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, sobre a aplicación da tramitación de urxencia aos procesos selectivos de estabilización da Lei 20/2021, conforme o artigo 33 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos disporán dun prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, para presentar os documentos previstos na devandita base, no caso de que non fosen presentados ou validados previamente.

Segundo. Elevar a devandita relación de aspirantes á titular da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, para os efectos de que as persoas que figuran nela sexan propostas para o seu nomeamento como funcionarias de carreira.

De acordo co disposto na base V.13 da convocatoria, contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 12 de marzo de 2025

José Ángel Viñuela Rodríguez
Presidente do tribunal

ANEXO

Relación de persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo

Convocatoria: A1 (concurso-oposición).

Corpo/categoría: corpo facultativo superior, escala de veterinarios (2067).

Prazas acceso libre: 9.

Prazas acceso base I.1.1: 0.

Núm. orde

DNI/NIE

Apelidos e nome

Quenda

Puntuación

1

***7471**

Bascoy Lamelas, Catuxa

Libre

59,025

2

***5741**

Basadre Pérez, Héctor

Libre

56,65

3

***0556**

Saavedra Martínez, José Marcelino

Libre

54,13

4

***3374**

Herbón Meilán, Diego

Libre

53,26

5

***9898**

Suárez Vázquez, Lorena Inés

Libre

51,38

6

***4963**

Pérez Rodríguez, Margarita Alejandra

Libre

50,47

7

***5063**

López del Pozo, Rubén

Libre

45,27

8

***1961**

Carreira Hermida, Gabriel

Libre

36,41

9

***1483**

Cajide Blanco, Alejo Iván

Libre

30,88