Expediente: IN407A 2023/468-4.
Promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación: LMTS SDM707 e substitución CT Portoloureiro por CTC.
Concello: Vigo.
Feitos:
1. O 18.10.2023, a empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. solicitou a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración, en concreto, de utilidade pública da instalación eléctrica denominada LMTS SDM707 e substitución CT Portoloureiro por CTC.
A solicitude inclúe o proxecto de execución asinado pola enxeñeira técnica industrial Herminia López Caamaño, colexiada 4598 do Colexio de Enxeñeiros Técnicos Industriais de Vigo, e en que figura un orzamento total de 255.595,38 euros.
Examinado o proxecto de execución, conclúese que ten como finalidade o soterramento da liña de media tensión aérea SDM707 e a substitución do centro de transformación Portoloureiro (36C573), mediante as seguintes actuacións en Portoloureiro, na parroquia de Castrelo, e en Saa, na parroquia de Beade, no concello de Vigo:
– Retirada do centro de transformación Portoloureiro (36C573) de 630 kVA situado na parcela con referencia catastral 3723304NG2732S0001WZ.
– Instalación dun novo centro de transformación de 630 kVA, compacto de manobra exterior 2L1P telecontrolado con GPRS/FO en envolvente prefabricada de formigón con telexestión BT, situado na parcela 3624208NG2732S0001QZ e conectado á cela de media tensión de saída do centro de transformación Beade-Monte (36CEE4).
– Desmontaxe dos apoios 9WRPFMDF//D14-1, 9WS3EP63//D14-2, 9WSJUG8W//D14-3, 9WT4KIGP//D14-4, 9WTFS67R//D14-5, 9WTVIG90//D14-6, 9WUE07BO//D14-7, 9WUTOHCK//D14-8, 9WV5F901//D14-9, 9WVEEJJO//D14-10 e 9WVLV01M//D14-11; de 2100 metros dos tramos BAL7050023, BAL7050026 e BAL7050037; e dos XS 36HU45 e 36HEI1 situado nos apoios 9WRPFMDF//D14-1 e 9WUE07BO//D14-7.
– Desmontaxe de 14 metros da liña de media tensión subterránea (LMTS) de tipo RHZ1.
– Instalación dunha LMTS de 946 metros para alimentar os centros de transformación Beade-Monte e Portoloureiro proxectado.
2. Este departamento territorial solicitou o preceptivo informe ás distintas administracións, organismos ou, de ser o caso, empresas de servizos de interese xeral afectadas, isto é, o Concello de Vigo, Augas de Galicia e a Axencia Estatal de Seguridade Aérea (AESA). A empresa promotora manifestou a súa conformidade cos condicionados emitidos por AESA e polo Concello de Vigo.
Augas de Galicia non emitiu o condicionado técnico, entendéndose en consecuencia a súa conformidade coa autorización de construción da dita infraestrutura eléctrica, conforme o disposto no artigo 131 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro; sen prexuízo da autorización que lle corresponda outorgar.
3. O proxecto someteuse ao trámite de información pública mediante a Resolución do 26 de decembro de 2023 publicada nos seguintes medios:
DOG (Diario Oficial de Galicia): 26.1.2024.
Xornal Faro de Vigo: 18.1.2024.
Taboleiro de anuncios do Concello de Vigo.
Portal de transparencia e Goberno aberto da Consellería de Economía e Industria.
Durante este trámite non se recibiron alegacións.
4. Mediante escritos do 5.8.2024, deuse trámite de audiencia a aquelas persoas identificadas e titulares das parcelas afectadas pola declaración, en concreto, de utilidade pública que figuran na relación de bens e dereitos achegada pola empresa promotora.
Naqueles casos en que non foi posible efectuar a notificación ás persoas titulares das parcelas afectadas, publicouse o correspondente anuncio no Diario Oficial de Galicia do 14 de novembro de 2024 e taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE) do 21 de novembro, respectivamente, co fin de realizar a notificación por comparecencia.
Durante este trámite non se recibiron alegacións.
Consideracións legais e técnicas:
1. O Departamento Territorial de Pontevedra é competente para resolver este expediente con fundamento no Decreto 140/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria (DOG núm. 101, do 27 de maio), e no Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 22, do 1 de febreiro).
2. A lexislación de aplicación ao presente expediente é:
– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.
– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.
– Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia.
– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa.
– Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia.
– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.
– Real decreto lei 23/2020, do 23 de xuño, polo que se aproban medidas en materia de enerxía e noutros ámbitos para a reactivación económica.
– Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.
– Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.
– Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa.
3. As características técnicas da instalación son as que a seguir se describen:
– Liña de media tensión subterránea (LMTS) a 15 kV, con condutor RHZ1, en dúas actuacións. A primeira é de 416 metros, coa orixe no centro de transformación Monte da Serra (36CEA0), situado na rúa Portoloureiro, e final na LMTS BAL7050036, na rúa Saa Monte xunto ao linde do número 2. A segunda é de 530 metros, coa orixe no centro de transformación Beade Monte (36CEE4), situado na rúa Saa Monte xunto ao número 17, e final no centro de transformación proxectado, situado na rúa Beade.
– Centro de transformación compacto (CTC) a 630 kVA, con relación de transformación 15 kV/400 V, situado na parcela con referencia catastral 3624208NG2732S0001QZ, na rúa Beade xunto ao número 95.
– Retirada do centro de transformación tipo pombal Portoloureiro 36C573 e da liña de media tensión aérea (LMTA) que o alimenta.
– A instalación está situada en Portoloureiro, nas parroquias de Beade e Castrelos e Saa, no municipio de Vigo (Pontevedra).
Conforme o indicado,
RESOLVO:
1. Outorgar á empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. as autorizacións administrativas previa e de construción da instalación de distribución de enerxía eléctrica denominada LMTS SDM707 e substitución CT Portoloureiro por CTC, expediente IN407A 2023/468-4, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no proxecto de execución, ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e ás condicións establecidas nos condicionados dos organismos que constan no expediente.
2. Declarar a utilidade pública, en concreto, da citada instalación eléctrica, o que leva implícito a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implica a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.
3. A empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. asegurará o mantemento e a vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que en todo momento se manterán as condicións regulamentarias de seguridade. En todo momento se deberán cumprir as normas e directrices vixentes que resulten de aplicación, en particular, canto establece o Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09, e o Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.
4. O prazo para a posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a execución. Unha vez constituídas estas instalacións, a empresa promotora deberá presentar a solicitude de autorización de explotación ante este departamento territorial acompañada da seguinte documentación:
– As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento, e as certificacións ou homologacións, se procede.
– Un certificado dirección final de obra en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas axeitadas para a montaxe da instalación e posta a punto.
– Planimetría as built da instalación eléctrica en formato shape.
5. O incumprimento das condicións e requisitos establecidos nesta resolución poderá dar lugar á súa revogación, logo da audiencia á promotora, de conformidade co disposto no artigo 53.10 da Lei 24/2013, do 26 de decembro.
6. Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras da instalación autorizada.
Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada ante a conselleira de Economía e Industria da Xunta de Galicia, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de acordo co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren pertinente.
Pontevedra, 3 de marzo de 2025
Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra
ANEXO
Relación de bens e dereitos afectados
Concello de Vigo.
|
Nº |
Lugar |
Cultivo |
Referencia catastral |
Titular |
CT (m2) |
Afeccións |
|
|
ml sub. |
m2 sub. |
||||||
|
1 |
Seixo-Beade |
Urbana |
3624208NG2732S0001QZ |
Hrdos. de María Camila Iglesias Abalde |
16,81 |
13,39 |
56,68 |
