No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra núm. 249, do 26 de decembro de 2024, publicáronse integramente as bases da convocatoria para a cobertura, en réxime de interinidade e polo sistema de oposición, dunha praza vacante encadrada dentro do persoal funcionario de carreira na escala da Administración xeral, subescala administrativa, grupo C, subgrupo C1, asociada co posto da relación de postos de traballo nº 09.00.00.07.
O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio da convocatoria no Diario Oficial de Galicia.
Os sucesivos anuncios deste proceso selectivo, cando procedan, realizaranse na forma prevista nas propias bases.
O Porriño, 3 de marzo de 2025
Manuel Alejandro Lorenzo Alonso
Alcalde
