No Boletín Oficial da provincia de Lugo número 41, do 19 de febreiro de 2025, publícanse integramente as bases específicas reguladoras do acceso a un posto suxeito a lexislación laboral para a selección libre de educador familiar pertencente á oferta de emprego público de 2024.
De conformidade co previsto nas referidas bases, o prazo para a presentación de solicitudes será de vinte (20) días hábiles contados a partir do seguinte a aquel en que apareza publicado o extracto da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.
Os sucesivos anuncios realizaranse no taboleiro de anuncios do Concello de Ribadeo así como na sede electrónica da web municipal: www.ribadeo.gal
Ribadeo, 24 de febreiro de 2025
Daniel Vega Pérez
Alcalde
