DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Martes, 25 de marzo de 2025 Páx. 18895

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

ACORDO do 12 de marzo de 2025, do Departamento Territorial de Lugo, polo que se someten a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, a declaración de utilidade pública (DUP), en concreto, a necesidade de urxente ocupación que iso implica, a autorización administrativa de construción e o estudo de impacto ambiental (EIA) do proxecto do parque eólico Batifol, nos concellos de Castro de Rei, Castroverde e Pol (Lugo) (expediente IN408A 2019/076).

En cumprimento do disposto na Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, na Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, así como na Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental e demais normas vixentes de aplicación, sométese a información pública a solicitude relacionada coa instalación que se describe a seguir.

Antecedentes:

• O 24.9.2019, Naturgy Renovables, S.L.U., en diante a promotora, presentou solicitude de autorización administrativa de instalacións de produción de enerxía eléctrica e as súas infraestruturas de evacuación para o proxecto denominado parque eólico Batifol (IN408A 2019/076).

• O 7.5.2020, a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais admitiu a trámite a dita solicitude e o 3.9.2020 a promotora presentou o xustificante do pagamento de taxas.

• O 7.9.2023, a promotora presentou a solicitude de modificación substancial do parque eólico Batifol, que consiste, con carácter xeral, na diminución do número de aeroxeradores, nova localización do centro de seccionamento, inclusión da liña soterrada de evacuación e ampliación da subestación Monciro.

• O 24.11.2023, a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais notificoulle á promotora a admisión a trámite da dita modificación substancial.

• O 27.11.2023, a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais solicitou á Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo o informe previsto no artigo 33.7 da Lei 8/2009, do 22 de decembro. O 20.12.2023, esta dirección xeral emitiu o informe correspondente.

• O 18.9.2024, a promotora presentou solicitude de declaración de utilidade pública (DUP) para o proxecto denominado parque eólico Batifol (IN408A 2019/076).

• O 24.1.2025, e de acordo co artigo 33.9 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, a Dirección Xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático enviou ao Departamento Territorial de Lugo o expediente para continuar coa súa tramitación.

• O 14.2.2025, para o cumprimento do artigo 44.4 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, a Dirección Xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático remitiu a solicitude de declaración de utilidade pública e a documentación correspondente ao Departamento Territorial de Lugo.

Os datos do proxecto son os seguintes:

Solicitante/Promotora: Naturgy Renovables, S.L.U. (NIF: B-84160423).

Denominación do proxecto: proxecto de execución do parque eólico Batifol. Concellos de Castro de Rei, Castroverde e Pol, de xullo de 2023, visado co núm. 20232452 polo Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia.

Situación: Castro de Rei, Castroverde e Pol (Lugo).

Área de desenvolvemento eólico (ADE): Meda e Monciro.

Potencia instalada: 12,47 MW.

Número de aeroxeradores que se proxecta instalar: 4.

Produción neta anual estimada: 42.360 MWh/ano.

Orzamento de execución material: 16.333.997,33 €.

Coordenadas que definen a poligonal do parque eólico:

Vértice

Datum ETRS89 (fuso 29)

UTM-X

UTM-Y

a

630.892

4.773.357

b

632.369

4.770.898

c

633.770

4.770.600

d

633.770

4.769.000

e

628.320

4.768.710

f

627.535

4.770.231

g

629.581

4.773.357

Coordenadas de localización dos aeroxeradores:

Aeroxerador

Datum ETRS89 (fuso 29)

Concello

UTM-X

UTM-Y

BA-01

630.203

4.771.774

Pol

BA-02

630.641

4.771.598

Pol

BA-03

628.355

4.770.288

Castro de Rei

BA-04

628.608

4.769.899

Castro de Rei

Coordenadas de localización do centro de seccionamento:

Centro de seccionamento

Datum ETRS89 (fuso 29)

Concello

UTM-X

UTM-Y

629.829,72

4.770.481,22

Pol

Coordenadas da ampliación SET Monciro:

Ampliación SET Monciro

132/30 kV

Datum ETRS89 (fuso 29)

Concello

UTM-X

UTM-Y

633.566,20

4.770.033,82

Castroverde

Coordenadas que definen os vértices da plataforma de ampliación da SET Monciro 132/30 kV:

Vértice

Datum ETRS89 (fuso 29)

UTM-X

UTM-Y

A

633.567,22

4.769.997,72

B

633.539,23

4.770.057,83

C

633.561,97

4.770.068,42

D

633.589,95

4.770.008,31

Características técnicas principais das instalacións:

• Catro (4) aeroxeradores modelo Vestas V155 HH122 ou similar, de 3.117,5 kW de potencia nominal unitaria, cunha altura de buxa de 122,5 m e diámetro do rotor 155 m.

• Catro (4) centros de transformación, instalados no interior da torre de cada un dos aeroxeradores, formados por transformadores trifásicos, encapsulados en seco, de 4.000 kVA de potencia aparente e relación de transformación 0,72/30 kV e clase de illamento 36 kV.

• Edificio de control formado por dous módulos arrimados. No primeiro módulo sitúanse a sala de celas e a sala de control do centro de seccionamento, a sala do grupo electróxeno, a sala do transformador de SSAA, o cuarto de medida e o despacho de operadores. O segundo módulo está formado polos vestiarios, aseos, taller, almacén e o local de aceites e residuos.

• O centro de seccionamento está composto por:

– Unha posición de liña de interconexión coa ampliación da subestación SET Monciro.

– Dúas posicións de liña de 30 kV para a conexión dos aeroxeradores.

– Unha cela de transformador de SSAA e medida en 30 kV.

– Un transformador de SSAA 30/0,42-0,242 kV de 100 kVA.

• Ampliación da subestación SET Monciro existente, actualmente en 132/20 kV, coa execución dunha nova posición de transformador 132/30 kV para conectar o PE Batifol. Isto implica a execución de:

– Centro de control correspondente á posición do PE Batifol, formado por un edificio prefabricado. O edificio conta con tres módulos diferenciados; no primeiro sitúase o transformador de SSAA, no segundo irán as celas de protección do transformador da liña de chegada e, no terceiro, os armarios de proteccións e cadro de baterías.

– Parque de intemperie composto pola aparellaxe correspondente, incluída a nova posición de trafo de 132 kV, cos equipamentos necesarios de protección e medida, un transformador de 45 MVA ONAN de relación de transformación 132/30 kV, unha posición de batería de condensadores de 30 kV, unha posición de transformador de medida e unha posición de transformador de SSAA.

• Rede colectora soterrada de media tensión, de conexión entre aeroxeradores e conexión co centro de seccionamento, conformada polos cables de evacuación de enerxía a 30 kV con condutores tipo RHZ1-2OL 18/30 kV Al + H16 unipolares, nivel de illamento 18/30 kV XLPE.

• Liña de interconexión soterrada de 30 kV, que conecta o centro de seccionamento e a ampliación da subestación SET Monciro, dunha lonxitude total de 5.965 m. Con condutores tipo RHZ1-2OL 18/30 kV Al + H16 unipolares, nivel de illamento 18/30 kV XLPE.

• Obra civil consistente en rede viaria de acceso ao parque e rede viaria interior a aeroxeradores e subestación, cimentacións e plataformas dos aeroxeradores, bancadas para os transformadores e muro devasa, arquetas e gabias para tendido de cablaxe de media tensión, comunicacións e rede de terras e obras auxiliares.

Órgano competente: o órgano competente para autorizar o proxecto da referida instalación eléctrica é a Dirección Xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático.

Procedemento de avaliación ambiental: o proxecto da referida instalación eléctrica está suxeito a avaliación de impacto ambiental ordinaria, segundo o establecido no artigo 7.1 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental.

Obxecto da información pública:

• Proxecto de execución de xullo de 2023 (visado núm. 20232452 polo Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia).

• Estudo de impacto ambiental (EIA) (asinado por un equipo multidisciplinar o 30.8.2023).

• A memoria xustificativa e a relación concreta e individualizada dos propietarios de bens e de dereitos afectados (RBDA) (asinada o 20.10.2024).

O que se fai público, de conformidade co artigo 33 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental e demais normas anteriormente citadas, para coñecemento xeral, así como en particular, das persoas propietarias dos predios que figuran na relación anexa a este acordo, e daquelas que, sendo titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados, fosen omitidas, para que poidan examinar a documentación técnica anteriormente relacionada e, de ser o caso, presentar as alegacións ou observacións que consideren oportunas dentro do prazo de trinta (30) días, que se contarán a partir do día seguinte ao da última publicación deste acordo.

A documentación estará ao dispor das persoas interesadas nas dependencias do Servizo de Enerxías Renovables e Infraestruturas do Departamento Territorial de Lugo da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático (rolda da Muralla, núm. 70, baixo 2º, 27071 Lugo), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa no correo electrónico renovables.medio-ambiente.lugo@xunta.gal ou no teléfono 982 29 48 04, así como nos concellos de Castro de Rei, Castroverde e Pol (Lugo).

Ademais, tamén se poderá consultar no portal web da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático a través da seguinte ligazón:

https://medioambiente.xunta.gal/enerxias-renovables/documentos-exposicion-publica

Lugo, 12 de marzo de 2025

Jesús Montouto González
Director territorial de Lugo

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados polo proxecto do parque eólico Batifol, nos concellos de Castro de Rei, Castroverde e Pol (Lugo) (expediente IN408A 2019/076)

Núm. predio

Datos catastrais

Titulares

Afeccións (m2)

Políg.

Parc.

Referencia catastral

Cultivo

Lugar

Nome e apelido

Pleno dominio

Servidume de paso

Serv. voo aero

Serv. voo aero-vieiro

Serv. voo aero-gabia

Serv. Voo aero-vieiro-gabia

Ocup. temp.

Núm. aero

Cim.

Plat.

SET/CS

Vieiro

Gabia MT

Vieiro-gabia

Concello de Pol

1

125

692

27046A125006920000JB

PD

Prado de Cal

MVMC Amorín e Carqueixeiras

22,91

27,58

2

125

10684

27046A125106840000JP

PD

Prado Grande

MVMC Amorín e Carqueixeiras

318,87

90,85

3

125

10657

27046A125106570000JO

C

Lousedo

Concello de Lugo

321,59

23,73

4

124

297

27046A124002970000JA

PD/RI

Lousedo

Lence Naval, Marina

902,67

347,85

5

124

282

27046A124002820000JK

PD/I

Agueiro

Pernas Sanfiz, Álvaro

7.104,04

2.640,28

6

002200600PH37C0001BS

Vivenda

Baílle

Pernas Neira, José Manuel

21,2

26,14

7

002200500PH37C0001AS

Vivenda

Baílle

Pernas Neira, Arsenio

24,75

30,62

8

124

344

27046A124003440000JK

FG

Porto de Encima

Pernas Sanfiz, Álvaro

184,39

74,59

9

113

216

27046A113002160000JX

PD/MT

Chousa da Palloza

Abraira Fernández, Alfredo

205,59

196,43

10

113

9

27046A113000090000JQ

PD

Espiñeira

Pernas Díaz, Francisco

248,54

155,42

142

11

113

13

27046A113000130000JP

PD

Salgueiras

Lence Abuín, José

411,25

197,2

12

113

8

27046A113000080000JG

PD

Chousa

Neira Pol, Josefa

129,12

56,29

13

113

18

27046A113000180000JO

PD

Salgueiros

Lence Abuín, José

115,62

100,61

14

124

354

27046A124003540000JS

PD/FG

Chousa de Arriba

Pásaro Castelo, Purificación

351,73

430,62

15

113

7

27046A113000070000JY

RI

Xunto ao Vedro

Abraira Fernández, Alfredo

1.089,45

263,92

16

113

212

27046A113002120000JO

PD

Vedro

Abraira Fernández, Alfredo

352,83

192,11

17

113

6

27046A113000060000JB

FG

Vedro

Abraira Fernández, Alfredo

1

136,87

199,35

102,18

18

113

4

27046A113000040000JW

MT

Vedro

Abraira Fernández, Alfredo

1

1.223,13

696,9

139,45

11,4

266,85

19

116

193

27046A116001930000JA

MT

Monte Amorín e Carqueixeiras

MVMC Amorín e Carqueixeiras

126,86

483,6

72,19

109,72

20

113

3

27046A113000030000JH

PD

Vedro

Abraira Fernández, Alfredo

1

1.032,69

173,34

527,92

149,85

42,41

21

116

194

27046A116001940000JB

MT

Monte Amorín e Carqueixeiras

MVMC Amorín e Carqueixeiras

77,74

2.103,41

77,74

53,01

22

113

1

27046A113000010000JZ

PD

Vedro

Abraira Fernández, Alfredo

1

486,74

4.132,78

645,62

5,78

3.787,76

645,62

0,38

212,82

23

113

158

27046A113001580000JS

MM

Monte Amorín e Carqueixeiras

MVMC Amorín e Carqueixeiras

2

416,72

687,21

146,15

72,98

18,21

8.718,75

146,15

72,98

18,21

222,14

24

113

10

27046A113000100000JY

MT

Espiñeira

Lence Naval, Marina

379,95

0

25

113

120

27046A113001200000JR

MM

Monte Amorín e Carqueixeiras

MVMC Amorín e Carqueixeiras

1

68,96

318,7

165,5

1.605,91

222,97

84,58

717,4

26

115

1

27046A115000010000JT

MT

Amorín e Carqueixeiras

MVMC Amorín e Carqueixeiras

472,27

1.979,64

171,43

277,26

27

113

162

27046A113001620000JZ

MT

Monte Amorín e Carqueixeiras

MVMC Amorín e Carqueixeiras

2

1.126,4

903,19

1.474,16

23,59

28

113

163

27046A113001630000JU

MT

Monte Amorín e Carqueixeiras

MVMC Amorín e Carqueixeiras

2

3.693,78

351,62

64,88

1.118,28

322,7

62,05

260,92

29

113

164

27046A113001640000JH

MT

Monte Amorín e Carqueixeiras

MVMC Amorín e Carqueixeiras

2

302,47

917,47

133,05

2,46

388,77

30

113

165

27046A113001650000JW

MT

Monte Amorín e Carqueixeiras

MVMC Amorín e Carqueixeiras

589,02

0

31

113

166

27046A113001660000JA

MT

Monte Amorín e Carqueixeiras

MVMC Amorín e Carqueixeiras

2.104,84

157,83

3,47

673,34

32

113

122

27046A113001220000JX

MM

Monte Amorín e Carqueixeiras

MVMC Amorín e Carqueixeiras

1.119,37

241,49

1.096,37

33

113

121

27046A113001210000JD

MM

Monte Amorín e Carqueixeiras

MVMC Amorín e Carqueixeiras

465,92

160,97

12,87

575,18

34

115

27

27046A115000270000JQ

MT

Monte Amorín e Carqueixeiras

MVMC Amorín e Carqueixeiras

647,65

1,69

35

113

119

27046A113001190000JX

MM

Monte Amorín e Carqueixeiras

MVMC Amorín e Carqueixeiras

722,98

77,1

9,32

677,94

36

113

97

27046A113000970000JZ

PD

Tenza do Broto

Neira Pol, Josefa

177,36

72,07

288,09

37

113

96

27046A113000960000JS

PD

Vedro do Porto

Neira Novo, Carlos

163,77

69,58

278,23

38

115

3

27046A115000030000JM

PD/FG

Chousa do Porto

Pérez García, Jesús

642,47

574,59

39

113

77

27046A113000770000JP

PD

Fonte das Pedras

Neira Pol, Josefa

155,98

72,05

289,66

40

115

5

27046A115000050000JK

PD/MT

Madorra

Pernas Sanfiz, Álvaro

88,38

156,79

41

114

87

27046A114000870000JL

PD

Vedro do Medio

Abraira Fernández, Alfredo

287,57

105,1

424,42

42

114

86

27046A114000860000JP

MM

Vedro do Medio

Abraira Fernández, Alfredo

218,25

84,21

338,43

43

114

85

27046A114000850000JQ

MM

Vedro do Medio

Trigo López, Jesús

291,4

87,65

352,4

44

115

49

27046A115000490000JU

PD

Restrebas

Naval Lence, Brígida

114,14

356,59

45

114

18

27046A114000180000JQ

PD

Vedro do Porto

Freire Trigo, Antonio (hrdos.)

165,44

49,66

199,8

46

114

19

27046A114000190000JP

PD

Vedro do Porto

Neira Veiga, Manuel

154,01

47,18

188,74

47

115

67

27046A115000670000JM

PD

Restrebas

Neira Pol, Josefa

82,84

242,16

48

114

16

27046A114000160000JY

PD

Monte medianeiro

Pérez López, José

239,98

91,49

367,53

49

114

3

27046A114000030000JI

PD

Tenza do Medio

Pásaro Castelo, Purificación

241,26

98,06

393,81

50

115

23

27046A115000230000JA

PD/MT

Cabana

Descoñecido/a

180,12

1.509,72

51

114

1

27046A114000010000JD

PD

Monte

Ónega Ares, Severiano

217,61

81,89

309,6

52

114

144

27046A114001440000JB

MT/MM

Amorín

Explotaciones Forestales Souto Carrillo

2.322,09

7.986,22

1.182,22

126,01

5.347,29

53

115

15

27046A115000150000JS

MD

Monte Cabana

Torres Rielo, Daniel

265,53

184,29

3,04

8.726,42

54

115

13

27046A115000130000JJ

PD

Cabana

Torres Rielo, Daniel

53,27

55

115

11

27046A115000110000JX

PD

Chousa tras Cabana

Díaz Lodeiro, María del Mar

716,17

56

114

118

27046A114001180000JT

MM

Monte Amorín

MVMC Valbón, Amorín e Pedralba

152,67

15,89

0,4

186,99

57

114

120

27046A114001200000JL

MM

Monte Amorín

MVMC Valbón, Amorín e Pedralba

89,6

295,59

1.114,25

60

114

122

27046A114001220000JF

MM

Monte Amorín

MVMC Valbón, Amorín e Pedralba

345,87

189,63

3,56

804,26

61

114

124

27046A114001240000JO

MM

Monte Amorín

Descoñecido/a

178,22

225,6

6,3

924,59

63

114

127

27046A114001270000JD

PD

Amorín

MVMC Valbón, Amorín e Pedralba

8,09

64

114

126

27046A114001260000JR

MM

Monte Amorín

MVMC Valbón, Amorín e Pedralba

538,92

223,99

65

114

125

27046A114001250000JK

MM

Monte Amorín

MVMC Valbón, Amorín e Pedralba

667,55

37,73

30,5

130,3

69

115

10

27046A115000100000JD

PD

Trascabana

San Román López, Gustavo

46,98

Concello de Castroverde

58

48

2

27011A048000020000LY

PD/MT

Monte de Amorín

MVMC Amorín, San Fitoiro, Sales, Monciro e Salgueiros

635,54

596,37

59

48

1

27011A048000010000LB

PD/MM

Monte de Amorín

MVMC Amorín, San Fitoiro, Sales, Monciro e Salgueiros

1.079,93

981,04

62

48

3

27011A048000030000LG

PD/MM

Monte de Amorín

MVMC Amorín, San Fitoiro, Sales, Monciro e Salgueiros

4

486,75

6.478,02

3.029,38

393,11

1,89

7.408,43

487,25

160,62

1.779,43

68

48

4

27011A048000040000LQ

MM

Monte de Amorín

MVMC Amorín, San Fitoiro, Sales, Monciro e Salgueiros

4.734,21

0

71

45

139

27011A045001390000LP

PD

Salgueiros

MVMC Amorín, San Fitoiro, Sales, Monciro e Salgueiros

777,41

72

45

141

27011A045001410000LQ

PD

Salgueiros

MVMC Amorín, San Fitoiro, Sales, Monciro e Salgueiros

901,61

73

45

70

27011A045000700000LH

PD

Coruto

Lodeiro Boudón, José Luis

55,05

74

45

64

27011A045000640000LS

PD/FG

Leiras

Lodeiro Boudón, José Luis

137,61

75

45

69

27011A045000690000LA

PD

Coruto

Rodríguez Queizán, José

44,85

76

45

67

27011A045000670000LH

PD

Aira

Cortón Varela, Raúl

540,31

77

45

18

27011A045000180000LO

PD

Coruto

Cortón Varela, Raúl

1,36

78

45

19

27011A045000190000LK

PD

Coruto

Cortón Varela, Raúl

67,75

79

45

55

27011A045000550000LR

FC

Corneas

Descoñecido/a

4,28

12,25

80

45

52

27011A045000520000LM

PD

Veiga

Cortón Varela, Raúl

32,33

322,91

81

43

39

27011A043000390000LX

PR/FG/MT

Chafarica

Cortón Varela, Raúl

71,65

474,14

82

43

23

27011A043000230000LB

PD

Prado de Abaixo

Descoñecido/a

118,56

530,74

83

43

22

27011A043000220000LA

PR

Prado Novo

Lodeiro Boudón, José Luis

183,74

775,2

84

43

21

27011A043000210000LW

PR

Prado Novo

Ferreiro Méndez, Darío

48,9

85

43

17

27011A043000170000LH

PD/MM

Zarriña

Descoñecido/a

434,28

1.498,74

86

43

47

27011A043000470000LZ

MT

Agra da Cerriña

Descoñecido/a

158,02

87

19

672

27011A019006720000LP

MM/PD

Agra da Cerriña

MVMC Amorín, San Fitoiro, Sales, Monciro e Salgueiros

1.041,03

4.653,09

88

19

652

27011A019006520000LX

PD/MT/FG

Chouso de Monciro

Lodeiro Boudón, José Luis

70,34

89

19

667

27011A019006670000LG

PD/MM

Monciro

MVMC Amorín, San Fitoiro, Sales, Monciro e Salgueiros

1.327

6.204,68

90

19

736

27011A019007360000LT

MT

Monciro

MVMC Monciro

2.166,95

1.030,88

317,69

1.934,09

Concello de Castro de Rei

66

281

78

27010A281000780000PA

MM

Granda de Orizón

MVMC Granda de Orizón, Vedro do Marco e Granda de Canaval

3

486,75

6.779,87

6.058,75

549,46

11.270,85

494,45

145,02

2.991,81

67

281

77

27010A281000770000PW

MM

Granda de Orizón

MVMC Granda de Orizón, Vedro do Marco e Granda de Canaval

3,29

675,29

0

Afeccións en metros cadrados (m2):

• Superficie de pleno dominio:

– Cimentación (Cim.): superficie ocupada pola cimentación do aeroxerador, aumentada nun buffer de 1 m.

– Plataforma (Plat.): superficie ocupada pola plataforma de montaxe do aeroxerador.

– Subestación e centro de seccionamento (SET/CS): superficie ocupada pola subestación e o centro de seccionamento, aumentada nun buffer de 1 m.

• Servidume de paso:

– Vieiro: dereito de paso polos vieiros en que circularán os transportes para a construción, vixilancia, conservación e reparación das instalacións do parque eólico.

– Gabia MT: servidume de paso da liña eléctrica soterrada. Abrangue a franxa onde van aloxados os condutores, incrementada a cada lado nunha distancia mínima de seguridade igual á metade de largura de canalización.

– Vieiro+Gabia: comprende aquelas zonas onde a liña soterrada discorre polo vieiro, nas cales a súa superficie de afección é coincidente.

• Servidume de voo das pas dos aeroxeradores (Serv. voo): servidume definida pola superficie do terreo proxectada pola área varrida polas pas do aeroxerador.

• Servidume de voo con afección a vieiros e gabias (Serv. voo aero+vieiro+gabia): superficie do terreo proxectada pola área de varrido das pas dos aeroxeradores e afectada simultaneamente por servidume de ocupación permanente de vieiros e gabias.

• Servidume de voo con afección a vieiros (Serv. voo aero+vieiro): superficie do terreo proxectada pola área de varrido das pas dos aeroxeradores e afectada tamén por servidume de ocupación permanente de vieiros.

• Servidume de voo con afección a gabias (Serv. voo aero+gabia): superficie do terreo proxectada pola área de varrido das pas dos aeroxeradores e afectada tamén por servidume de ocupación permanente de gabias.

• Outras afeccións:

– Ocupación temporal (ocup. temp.): ocupación temporal para o desenvolvemento das obras de construción do parque eólico. Existirá unha ocupación asociada aos seguintes terreos: vieiros, plataformas zonas de aprovisionamento provisional de pas, montaxe de aeroxeradores, gabias, subestación e centro de seccionamento.