De conformidade coas propostas elevadas polas comisións de selección nomeadas para xulgar os concursos de acceso convocados pola Resolución do 28 de novembro de 2024 (BOE do 12 de decembro), de conformidade co artigo 35.2 do Real decreto 678/2023, do 18 de xullo, e acreditados polas persoas interesadas os requisitos exixidos pola lexislación vixente para ser nomeados funcionarios para a provisión de prazas dos corpos docentes universitarios.
Esta reitoría, no uso das atribucións que lle confire o artigo 50 da Lei orgánica 2/2023, do 22 de marzo, do sistema universitario, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu efectuar os nomeamentos que se relacionan no anexo.
Estes nomeamentos producirán plenos efectos a partir da correspondente toma de posesión polas persoas interesadas, que se deberán efectuar no prazo máximo de vinte (20) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado (BOE).
Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderá interpoñer un recurso contencioso-administrativo no prazo de dous (2) meses, que se contarán desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Previamente, e con carácter potestativo, poderá interpoñer un recurso de reposición ante esta reitoría, no prazo dun mes, de acordo co establecido nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro).
A Coruña, 14 de marzo de 2025
O reitor da Universidade da Coruña
P.D. (Resolución do 10.7.2024)
María Teresa López Fernández
Vicerreitora de Profesorado
ANEXO
|
Nome e apelidos |
Corpo docente |
Área de coñecemento |
Departamento |
Nº de praza |
|
Fernando Pedro Bruna Quintáns |
Profesor titular de universidade |
Fundamentos da Análise Económica |
Economía |
24/021 |
|
Óscar Fresnedo Arias |
Profesor titular de universidade |
Teoría do Sinal e Comunicacións e Tecnoloxía Electrónica |
Enxeñaría de Computadores |
24/022 |
|
Elena Pazos Chantrero |
Profesora titular de universidade |
Química Orgánica |
Química |
24/023 |
