De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo para ser notificadas por comparecencia segundo o disposto no artigo 46.
O acto foi adoptado pola directora territorial.
A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Departamento Territorial, sito no Edificio Administrativo Monelos, Vicente Ferrer, número 2, 5º andar, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.
A eficacia do presente anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.
A Coruña, 13 de marzo de 2025
María Pilar Arias Graña
Directora territorial da Coruña
ANEXO
|
Expediente |
Interesado/a |
Acto notificado |
Acto adoptado |
|
CO-RES-2023-027 |
33184072V |
Apercibimento MC |
Pola directora territorial |
|
CO-RES-2025-007 |
32664487W |
Acordo de inicio |
Pola directora territorial |
